A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
OBRADOIROS E CONCERTOS
O potente tecido asociativo lazao, exemplificado nas asociacións culturais enLAZAdos e as Silveiras do Támega, foi quen de atraer a diferentes expoñentes da escena musical do país, reafirmando á pequena vila como un referente cultural galego.
Decenas de asistentes desfrutaron nun local habilitado para a ocasión da primeira parte da tarde, que iniciou cunha ponencia da Lucía Cedrón sobre a musicóloga suíza Dorothé Schubarth, coincidindo co ano en que as Letras Galegas se adicaron as cantareiras. No mesmo espazo tivo lugar a continuación un obradoiro de culleres, impartido por Isabel Cid.
A continuación a xornada trasladouse á rúa, onde se sucederon as actuacións, co acento posto no son de raíz e nas mulleres. Primeiro foi o turno do grupo tradicional Netas do Arnoia, nado no seo da escola de música tradicional de Baños de Molgas. Tras elas tomaron o relevo Os Biruxes, de Astureses, en Boborás, un grupo de romaría con 13 anos ás súas costas.
Ao remate dos dous concertos, deu comezo unha animada foliada libre, coa que se puxo o broche de ouro a esta nova “ruarada”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
SEGUNDA EDICIÓN
Galería | Lobios disfruta con un rallysprint más
Ataque a Europa
Rusia intensifica su guerra híbrida contra Europa