EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
ENTREVISTA
O primeiro coloquio correrá a cargo de Lucía Cedrón (Chantada, 1968), activista cultural, feminista e membro da Marcha Mundial das Mulleres dende os seus inicios.
En “Anacos de Dorothé” dará a coñecer a pegada fonda e transformadora de Dorothé Schubarth, finada en 2023, unha musicóloga suíza que percorreu durante cinco anos aldeas galegas e recolleu e clasificacou máis de 1.800 melodías tradicionais.
Pregunta. Como de importante foi o labor de Dorothé Schubarth?
Respuesta. Dedicou boa parte da súa vida á nosa cultura. E durante un lustro estivo de aldea en aldea gravando, sobre todo a mulleres. E se este ano as Letras Galegas estiveron adicadas ás tocadoras, foi grazas principalmente a dúas persoas: Doroté Schubarth e Mercedes Peón. A primeira recolleu tódalas melodías e as letras dende o 1978, e a segunda levounas á televisión, o que foi unha revolución.
P. Custa crer que foi unha estranxeira a que creou o “Cancioneiro Popular Galego”?
R. Ela quedou apampada cando descubriu a inmensa riqueza de melodías e cantigas, de sons arcaicos, que había en Galicia, que era o que viña de Europa buscando. Dicía que chegou cando a cultura aínda se mantiña porque aquí tardaron en chegar as estradas, e a xente aínda vivía nas aldeas. Xa chegara a radio, pero quedaban labores conxuntas e noites moi longas, reunións nas que as mulleres transmitían esa cultura tan ancestral, que vén tan de atrás. Hoxe estámola perdendo, pero é a cultura máis sabia: pasou de xeración en xeración.
P. Pero Schubarth non só recompilou cancións: deu voz ás responsables, invisibilizadas.
R. O que fixo ela fronte a outros cancioneiros foi gravar a voz, o timbre de voz, a cadencia, todo respecto de como lle cantaba cada persoa. E sobre todo pórlle nome a esas persoas, aí comézase a descubrir que as mulleres somos transmisoras da nosa cultura oral, xa que a meirande parte das súas informantes foron mulleres. Ademais fixo unha clasificación e transcribiu a melodía e a letra. Aí reside a súa importancia: ata que ela chegou, os que estudaban o folclore non gravaban todo nin nomeaban ás informantes. Máis tarde contou coa axuda de Antón Santamarina e Pedro Barrié de la Maza para levar a cabo o seu épico traballo.
P. Tiveches moito trato con ela.
R. Dorothé era unha persoa inmensamente xenerosa. Enfermou e funa ver a Basilea, pero nunca se esqueceu de Galicia. Aprendeu e amou a nosa lingua, na que escribiu un libro, e estaría moi triste perante a perda actual de galegofalantes. Doou os seus aforros e recollidas ao Museo do Pobo, e tamén cedeu toda a súa biblioteca, moita en galego, á UVigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
Laza terá un museo etnográfico dedicado ao Entroido e ao Santo Cristo
AVOGADA DAS DORES DE CABEZA
Cerdedelo, en Laza, dedica tres días de festa e culto á Virxe da Pena Tallada
Lo último
MATERIALES SIN RETIRAR
Los empresarios de Barreiros exigen a Adif el arreglo de sus viales en Ourense
ÓRDENES ESPIRITUALES
Desde Estados Unidos hasta Ourense para dar el primer paso al diaconado
ANO OTERIANO
Trasalba volveu latexar coas verbas de Otero Pedrayo
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Se está liando la mundial