ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
ACCESO A INFORMACIÓN
A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, vén de admitir a trámite unha queixa por falta de transparencia contra o Concello de Laza. Xuntos Por Laza -IGV denuncia que o alcalde, José Ramón Barreal, continúa sen facilitar a documentación solicitada, obrigando a recorrer á Valedora para exercer un dereito como é o acceso á información pública.
A oposición asegura que esta situación “non é puntual”, e supón un claro exemplo de “oscurantismo” na xestión municipal. Avanzan que seguirán utilizando tódolos mecanismos legais para garantir o acceso á información. A Valedora deu un prazo de 15 días ao Concello lazao para facilitar a información requirida.
Barreal asegura que pediu información sobre o alegado por Xuntos por Laza e que “xa remitimos a documentación solicitada”. Engade que dúas queixas previas ante a Valedora “con idénticos motivos e razonamentos, foron arquivadas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
Lo último