Licitada a reforma da rúa Rei de Viana, en Leiro
HUMANIZACIÓN
A humanización da vía en Leiro terá un orzamento de 210.000 euros, dos que vivenda achega o 70% e o concello o 30% restante
A rúa Rei de Viana, no concello de Leiro, xa está máis preto da súa renovación e transformación despois de que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitara por 210.000 euros a execución destas obras, cun prazo para presentar ofertas ata o 28 de abril.
Esta actuación, impulsada ao abeiro do Plan Hurbe, intervirá nesta rúa céntrica e na praza do mesmo nome que se atopa ao seu inicio, mellorando as prestacións ao longo deste vial tanto na circulación rodada como peonil.
As obras de humanización incluirán a repavimentación completa da rúa, que une a casa consistorial coa biblioteca, pasando ao carón da igrexa nova. Ademais, tamén se actuará sobre a rede de saneamento e de pluviais, renovarase o acabado das beirarrúas, intervirase no abastecemento, repararase o mobiliario urbano e substituiranse as luminarias.
Convenio
As obras enmárcanse nun convenio de colaboración asinado en marzo entre a Xunta e o Concello de Leiro, en virtude do cal a Consellería que dirixe María M. Allegue cofinanciará nun 70% a actuación, e contratará e executará as obras. Pola súa banda, o Concello de Leiro achegará o 30% restante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín