Un mural para a memoria na residencia Virxe do Xurés en Lobios polo Día das Letras Galegas
EXPERIENCIA ACTIVA
Para celebrar o Día das Letras Galegas, os maiores da residencia Virxe do Xurés en Lobios non quixeron deixar pasar por alto esta data para resaltar a importancia do galego como un idioma co que medraron e do que se senten gardiáns das súas palabras.
A iniciativa conxunta da Fundación San Rosendo e La Región, Experiencia Activa —enfocada en promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores— desenvolveu na residencia de maiores de Lobios Virxe do Xurés unha serie de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.
Á entrada do inmoble, un cartel anuncia que “cada engurra garda unha historia que merece ser contada”. É o preámbulo das anécdotas de quen acumulan recordos e fan da tenrura un oficio. Reunidos en torno a un mural realizado polas enfermeiras Laura Quintas e Soraya Feijóo, coa axuda dos maiores, as sanitarias colocaron palabras habituais na súa nenez polas cales os anos non fixeron ningún tipo de mella por permanecer tan útiles para describir momentos.
Acerca de conmemorar esta data e destacar o rol da oralidade como fonte de coñecementos, Laura Quintas detallou: “Lembraron como falaban os seus avós, os seus pais e tamén, pois eles mesmos durante as súas vidas nas aldeas”.
Sentirse protagonistas
O mural, adornado coa bandeira de Galicia e debuxos de traxes tradicionais, converteuse no recipiente da memoria colectiva. Nel, palabras como “enxebre”, “morriña”, “agarimo” ou “orballo” representaron a esencia da celebración. Para os residentes, estas non son só letras sobre papel, senón fragmentos da súa propia identidade que souberon herdar dos seus avós e pais e custodiar con orgullo.
Entre os protagonistas desta emotiva xornada destacaron figuras como Rosalía Couto Álvarez (85 anos), María Luz Romero Fernández (83 anos), Maria Carmen Oti Loza (83 anos) e Juan José Cobas (67 anos). Cada un achegou como o galego foi o vehículo principal das súas primeiras emocións e aprendizaxes, unha lingua que, en palabras da propia Laura Quintas, lles permite sentirse protagonistas da súa propia historia.
A xornada estivo impregnada da auténtica retranca, ese humor intelixente e irónico tan típico da idiosincrasia galega. Os maiores fixeron gala do seu enxeño a través dun despreguamento de refráns e ocorrencias. Expresións como “é máis listo que un allo”, “quen non ten cabeza ten pés” ou a filosófica resposta ante a meteoroloxía “se chove, que chova”, cheos de risas e complicidade na residencia.
Cada intervención era unha mostra de axilidade mental e dunha sabedoría popular que non se aprende nos libros, senón na “universidade da vida”.
Gardiáns do patrimonio
Para darlle un toque musical ao encontro, Juan José encargouse de marcar o compás cun tambor, cuxos redobres non deixaron indiferentes aos seus compañeiros. Ao son do ritmo tradicional, María Luz non dubidou en lanzarse ao baile, demostrando unha vitalidade asombrosa que foi secundada polo grupo con palmas rítmicas e expresións de cariño, creando un ambiente de festa comunitaria que lle outorgou sentido á xornada de celebración que se levou a cabo na residencia.
A actividade culminou cunha mensaxe potente e unificada: “Non deixedes morrer o galego”, como un recordatorio de que, mentres existan voces que narren as súas historias e mans que toquen o tambor, a cultura galega seguirá viva.
Esta colaboración entre a Fundación San Rosendo e La Región non só celebrou unha data literaria, senón que ponderou nos maiores de Lobios o seu papel como gardiáns fundamentais do patrimonio inmaterial de Galicia.
Gústame moito bailar. Seime bastantes refráns. O galego é moi importante”
Díxenlles ás mozas varias palabras para que as colocasen no mural e lelas”
É bo recordarlles aos demais frases importantes como: É máis listo que un allo”
Cos meus pais falaba en galego e castelán, pero o galego era o máis usado na casa”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
YA EXTINGUIDO
Un incendio forestal calcina 9,7 hectáreas en Lobios
LA SONRISA DE PUXEDO
Galería | La ourensana Remedios Cabanelas cumple 101 años
Lo último
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
El decisivo factor andaluz
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Brillantez y un tirón de orejas
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El precio de la urgencia