SEGMENTO PRÉMIUM
Una pequeña joyería de chocolate oculta en París
A Biblioteca Pública Nodal de Lugo foi o escenario elixido para presentar unha exposición multimedia que se desprazará por Galicia para achegar aos visitantes a vida e obra do poeta monfortino Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A citada exposición, organizada polas consellerías de Cultura e Educación, coa colaboración do equipo 'Ouvirmos', estará en Lugo durante quince días. Posteriormente, iniciará un periplo que a achegará ás outras cinco bibliotecas nodais que hai en Galicia e a numerosos centros escolares da Comunidade. A mostra está formada por unha pantalla táctil interactiva e un muro vertical multimedia, para permitir o acceso, de 'forma dinámica e innovadora', aos contidos sobre a vida e obra do poeta.
Na apertura da exposición itinerante participaron o director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Francisco López; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; a directora da Biblioteca Pública Nodal de Lugo, Marisol González, e o irmán do poeta monfortino, o xornalista Xosé Manuel Pereiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGMENTO PRÉMIUM
Una pequeña joyería de chocolate oculta en París
Segmento prémium
El lujo que mira Hong Kong desde arriba
turismo prémium
El refugio gaditano para despedir el verano frente al Atlántico
Lo último