Vicente Araguas saca do prelo un novo libro, 'Miudiños'
O escritor a músico Vicente Araguas ven de sacar do prelo un novo libro, 'Miudiños: Escolma 2001-2012'.
O escritor a músico Vicente Araguas ven de sacar do prelo un novo libro, 'Miudiños: Escolma 2001-2012'. Nesta obra, que xa forma parte da Biblioteca de Ferrolterra, da Editorial Embora, Araguas presenta unha escolma de artigos que publicou no xornal Diario de Ferrol entre os anos 2001 e finais de 2011. Nestas colaboracións Vicente Araguas reflicte o seu ollar dun tempo no que 'fun tan feliz como soamente se pode selo cando se escribe para os de casa, desde casa (por máis que a miña estea a seiscentos kilómetros de Xuvia-Neda, onde nacín, ou da rúa do Carme, de Ferrol, onde botei os meus primeiros invernos)'.
Así define Araguas este traballo no prólogo que da entrada á obra, un retorno agarimoso e unha lembranza daquelo que lle chamaba a atención e que plasmaba día a día nunha sección fixa que tiña na última página do Diario de Ferrol e que se titulaba 'Miudiños'.
Neste libro, Vicente Araguas ofrécenos unha selección de 150 'miudiños' dos arredor de tres mil cincocentos que publicou ao longo daqueles anos e cuxo contido vira, salvo unhas poucas excepcións, arredor de Ferrol e bisbarra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGMENTO PRÉMIUM
Esplendor de otro tiempo en una isla privada de Montenegro
SEGMENTO PRÉMIUM
Resort Cala San Miguel, el lujo del relax en la isla de la diversión
SEGMENTO PRÉMIUM
Bienestar mediterráneo en el hotel Verdala de la campiña maltesa
Lo último