As regueifas do pasado teñen futuro en Maceda
TRADICIÓNS GALEGAS
As regueifas son unha das tradicións galegas máis chamativas para os descoñecedores malia ser un elemento cultural común antano. Os macedaos recuperaron parte desta herdanza no obradoiro que se celebrou a fin de semana.
As regueifas son unha das tradicións galegas que máis se están perdendo co tempo, porén, os macedaos namoráronse desta disputa dialéctica de coplas improvisadas a pasada fin de semana durante o obradoiro impartido por Pinto d’Hebrón e Luis “O Carroucho”, de Oral da Lingua, que achegaron a súa historia e como compoñelas.
Estas cantigas improvisadas entre dúas ou máis persoas representan unha disputa cantada sobre un tema determinado, no que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos, moitas veces con escarnios e moita retranca, e o gañador é o que canta a derradeira copla.
O pasado sábado, o salón multiusos do Concello de Maceda acolleu aos máis de trinta veciños que acudiron a cita organizada pola asociación Os Reinados, que este ano recuperou esta tradición do Entroido macedao logo de moitos anos. Nesta celebración, unha aldea invade a outra -este ano Carguizoi a Tioira- cunha comitiva, e ao chegar os representantes das aldeas comezan a regueifar.
Co gallo desta cita, Os Reinados decidiron organizar un obradoiro para aprender a facelo do xeito tradicional, pensando en celebralo no Forno de Tioira de primeiras, pero ante o interese veciñal tiveron que solicitarlle un espazo ao Concello.
A actividade superou as expectativas, non só pola “calidade da formación e a profesionalidade” dos profesores, Pinto e Luis, senón tamén polo “grao de participación e o que se involucrou a xente”, apuntaron os asistentes, destacando o labor dos instrutores á hora de crear un espazo seguro, podendo entrar no ambiente.
Os participantes máis novos tiñan menos de 18 anos, e os máis maiores superaban os oitenta, e de intereses moi variopintos: dende a xente maior do rural ata os rapaces novos interesados polo rap ou as mulleres do coro. Aprenderon a forma tradicional de como compor regueifas, e “decatámonos do que fixemos mal o ano pasado -nos Reinados-, este ano farémolo mellor”.
Temáticas propias
Entre os temas das composicións que os participantes se animaron a cantar diante de todos -unha das cousas que destacan os asistentes, xa que moitas nunca tiveran acercamento á composición nin ao canto-, destacaron o Entroido e a comida, nas que se puxo en valor ese sentimento de arraigo “polo noso e a súa calidade, son temáticas comúns e propias das que estamos moi orgullosos”.
“Sairon cousas moi auténticas e con moito sentimento e agarimo”, pero nas que tamén houbo retranca, escarnio e moitos dobres sentidos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ANTIGA TRADICIÓN
Regueifas, música e felos fan vibrar Maceda no seu Reinado
PISTOLETAZO DE SALIDA
Maceda no se amedrentó y fue fiel a su cita con los entroideiros
FALTA DE VIVIENDA
La modificación del PXOM de Maceda sale a debate público
Lo último
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 4 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 4 de febrero, en Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche