Carlos Parra: “A mellor etapa profesional da miña vida a vivín en Maceda”

ENTREVISTA

O recoñecido chef valdeorrés Carlos Parra pon fin á súa etapa en terras ourensás para embarcarse nun novo proxecto en El Rocío, Huelva

El chef Carlos Parra en el Castelo de Maceda.
El chef Carlos Parra en el Castelo de Maceda.

Tras 12 anos á fronte do Castelo de Maceda, o recoñecido chef valdeorrés Carlos Parra pon fin á súa etapa en terras ourensás para embarcarse nun novo proxecto en El Rocío, Huelva. Durante este tempo, Parra destacou pola súa aposta pola gastronomía galega e pola súa creatividade, consolidándose como unha figura de referencia no ámbito culinario. Agora, o cociñeiro inicia un novo camiño no Rocío, en Huelva, onde se embarca nun proxecto ilusionante que lle permitirá levar a súa cociña a outros horizontes.

Pregunta.Que o leva a emprender este novo camiño e deixar atrás Maceda?

Respuesta.É un tema persoal. Vou cruzar a barreira do número seis e, para min, teñen moita importancia o sol, a luz e o clima. Sempre dixen que, se mañá me xubilaba, onte marchaba para o sur.

R.Dende o mes de marzo estou indo con certa frecuencia á zona do Rocío e, aínda que a min me custa moito levantarme polas mañás, ese sol e esa temperatura fan que saia da cama. Quédame moi pouco para xubilárme e quería unha “calidade de vida” que non teño en Galicia.

P.Con que se queda vostede da súa experiencia no Castelo?

R.Sen lugar a dúbidas, foi a mellor etapa da miña vida profesional. Quédome co encanto do Castelo. Quédome con Maceda como o meu pobo adoptivo. Quédome con clientes marabillosos e coas súas mostras de cariño e ánimo. Quédome con moitas persoas que pasaron por aquí, ás que fixen moi felices e que tamén me fixeron moi feliz a min. Quédome cos rapaces das Panas, con María Paredes, coas ceas das mulleres rurais... con tantas e tantas cousas que fixeron desta unha etapa incrible.

P.Haberá elementos do Castelo presentes nesa proposta futura?

R.Case todo. Vou para o sur por orde de Alfonso X O Sabio -explica a modo de símil-, quen na súa infancia estivo no Castelo de Maceda, polo que eu tamén levarei na miña mochila todo o que levou el. El escribiu as cantigas, e eu escribirei pratos que leven dentro o espírito galego.

P.Entendemos entón que o produto galego estará presente neste novo proxecto?

R.Por suposto. Trátase dun proxecto de cociña atlántica en Huelva, e baixo ese paraugas encaixan pratos como os famosos caprichos de tortilla con langostinos ao axillo, substituíndo os langostinos por gambas de Huelva para crear un prato plenamente onubense. Entre os proxectos que teño na cabeza está tamén preparar androlla ibérica para elaborar un arroz de pobo auténtico e cheo de sabor, e é que estou a 45 quilómetros de Jabugo.

P.Que sensacións lle provoca este cambio tan importante? Sente vértigo, ilusión, nostalxia...?

R.Cando estudaba dereito civil, coñecín a figura xurídica do apátrida, unha persoa que non ten patria; e eu considérome un pouco así. Din que a vaca non é de onde nace, senón de onde pace, e alá onde vou intento pacer ben para facérmeme dese lugar.

R.É certo que todo este cambio me dá vértigo, pero creo tanto neste proxecto e teño tanta confianza en que sairá ben que a ilusión que sinto é enorme. Ademais, aquí perdera un pouco a motivación, e agora volvo sentirme como un rapaz con zapatos novos; e iso, para un artista, é un impulso vital que non se pode subestimar.

R.

P.Que mensaxe lle deixaría ao equipo e aos comensais que o acompañaron no Castelo de Maceda durante máis dunha década?

R.Grazas por permitirme formar parte da gran familia do Castelo de Maceda, un nome que se escribe con maiúsculas.

Contenido patrocinado

stats