PATRIMONIO NATURAL
Maceda presume de cigüeñas
CINE
O Faiado Producións é un grupo de tres amigos macedaos que fai uns anos comezaron a materializar o seu amor polo audiovisual facendo curtas. Alberto Outeiriño, Roberto Cid e José Juan Pérez son os tres integrantes, que ademais de dirixir, guionizar, encargarse da fotografía e posprodución, tamén actúan. “Nós temos as nosas profesións de diario, pero somos uns apaixonados do audiovisual e adoitamos traballar fins de semana e vacacións”, explica Alberto.
Comezaron a súa andaina no 2018, cando comezaron a facer videoclips para o grupo “Os do Fuelle” de Maceda, no que participa Alberto. O primeiro que fixeron foi “Despaciño”, e malia que “eran vídeos para promocionar o grupo, deles xurdiu a posibilidade de facer o videoclip do Himno Á Ribeira Sacra de Maria do Ceo”, que tivo unha moi boa acollida.
“Logo da pandemia, pensamos en formalizar o que estabamos facendo póndolle un nome”, comenta Alberto, “algo que nos identificase os tres, e de aí naceu O Faiado”. Dende este momento comezaron a facer as súas curtas, nas que participaron ca sociedade de comerciantes de Maceda ou ca Garda Civil para concienciar sobre os grupos en redes sociais que se empregan para avisar de controis e radares. “Esas foron curtas moi dramáticas que intentaban impactar na conduta da xente para cambialas”, apunta Alberto Outeiriño.
“Mocos Verdes” é a súa nova curta, unha ficción baseada nos cazapantasmas, na que tres galegos adquiren unha franquía da empresa, “xa que aquí ademais de meigas hai moito fantasma”, comentou Alberto, quen apunta que “non é unha comedia, pero é unha situación surrealista que remata índoselle das mans”.
Esta idea, parece que nacida do propio realismo máxico de Cunqueiro, no que mesturan elementos da realidade cotiá ca fantasía de maneira natural e sen asombro, “se lle gusta a xente, esta curta converterase no capítulo 2”, apunta Alberto, “se hai continuidade faríamos o capítulo primeiro, contando como estes tíos acaban sendo cazapantasmas”.
O pasado 8 de xuño fíxose unha pre-estrea para amigos e veciños no salón de plenos de Maceda, pois “a estrea será nun festival, que aínda non podemos anunciar”, adiantou Alberto, que aclara que fixeron a pre-estrea porque “a nós saberíanos fatal que isto se vexa antes por fóra que non na casa”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO NATURAL
Maceda presume de cigüeñas
MINICOCHES PARA RODAR
Los menores de edad se suman a los mayores a bordo de microcoches
DENUNCIA ANTE LA GUARDIA CIVIL
Agrede a la médica de urgencias que acudió a prestarle atención, en Maceda
Lo último
ÉXITO DE AUDIENCIA
A TVG é a canle máis vista na comunidade nos primeiros meses de 2026
LIDERADO POR FRANCISCO CAMPOS
Premian un fármaco gallego para el tratamiento del ictus: protege el tejido cerebral