PREOCUPACIÓN SOCIAL
El PP enfrenta en Maceda su modelo de vivienda “chaves en man” al de Sánchez
MÚSICA CORAL
A Igrexa de Nosa Señora das Neves de Maceda acolle un ano máis o Certame de Música Galega de Maceda, unha cita que celebra a súa décimo sétima edición este sábado 16 de maio.
Como cada ano, na velada participa a coral local, Albricias, que serve de anfitrioa nun evento organizado polo Concello. Ademais, conta coa participación de outras tres corais convidadas, que este ano son: A agrupación Coral Escola de Trasmiras, que iniciou a súa andaina de xeito oficial o pasado mes de outubro; o Grupo Coral “Cantarela” de O Riós, que conta con máis dunha década de experiencia ás súas costas, e a Agrupación Coral Polifónica de A Cañiza, fundada en 1994 polo Concello e que conta con 44 voces mixtas. Todas elas convidadas “por primeira vez, sempre intentamos traer a corais que nunca viñeran á vila”, explicou Juan “Tito” González, o director da coral.
Pasadas as 20,00 horas, ao rematar a misa, será cando a igrexa abra as súas portas á música. Esta cita “naceu para compartir a música. É do que se trata, é o noso”, dixo “Tito” González, pero ademais, serve de escenario para recoñecer a veteranía e a dedicación dos participantes coa entrega dos Premios Albricias, dous galardóns ateigados de agradecemento.
Ao remate, os asistentes poderán desfrutar duns pinchos e un viño no salón multiusos de Maceda para pechar a velada “cantando unhas pezas e botando uns bailes xuntos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREOCUPACIÓN SOCIAL
El PP enfrenta en Maceda su modelo de vivienda “chaves en man” al de Sánchez
FACILIDAD DE ACCESO
El PP celebra una jornada sobre vivienda en Maceda
CONCENTRACIÓN CON 50 PERSONAS
Una veintena de coches clásicos se pasearon por Maceda
Lo último
ASESINATO DE EDWIN ARRIETA
La Justicia tailandesa rechaza los recursos de Daniel Sancho y mantiene su condena a cadena perpetua