Charlas, obradoiros e unha andaina centran os actos do 25N en Maceda
CONCIENCIACIÓN
O CIM de Maceda preparou varias actividades ao longo de todo o mes
O Centro de Atención á Muller (CIM) do Concello de Maceda deu comezo onte a programación que preparou para o mes de novembro, co gallo do 25 N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
A primeira actividade celebrouse na cafetería Porta Sacra, onde tivo lugar a conversa “Mito ou realidade?; unha ollada construtiva ao negacionismo das violencias de xénero”, que estivo aberta a toda a poboación. Mañá continuará a programación no salón de plenos do Concello coa reunión da mesa local de coordinación interinstitucional contra as violencias de xénero (MLC), que abordará estratexias en común entre as diferentes organizacións.
As actividades continuarán o vindeiro venres, 21 de novembro, ás 17,00 horas, co obradoiro “Cultivar a nosa saúde mental: claves de benestar e coidado para mulleres”, que se celebrará no salón de plenos. O domingo 23 de novembro, a Praza Miguel de Cervantes acollerá dende as 10,00 horas a XVIII Andaina contra as violencias de xénero, ademais do acto institucional que se celebrará co gallo do 25N e que contará coa lectura colectiva dun manifesto institucional, así como as actuacións da Batucada Empoderada e o dúo de piano e voz Lorena e María.
A programación rematará o venres, 28 de novembro, con dúas actividades para o alumnado macedao. A primeira será no CEIP de Maceda, un obradoiro baseado nun videoxogo de labirintos que abordará a socialización diferencial de xénero: “Patrulla Píxel”. Está pensado para o alumnado de sexto de Primaria.
O alumnado de terceiro da ESO do IES San Mamede participarán nunha charla informativa sobre agresións e violencia sexual.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ANTIGA TRADICIÓN
Regueifas, música e felos fan vibrar Maceda no seu Reinado
PISTOLETAZO DE SALIDA
Maceda no se amedrentó y fue fiel a su cita con los entroideiros
FALTA DE VIVIENDA
La modificación del PXOM de Maceda sale a debate público
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago