MÚSICA E COMUNIDADE
Os do Fuelle viviron unha “noite máxica” en Maceda
COMUNIDADE
A agrupación musical de Maceda, “Os do Fuelle”, organiza este ano a súa terceira xuntaza de “Amigos do fuelle”, unha cita que pretende ser “un día para que os músicos toquen a gusto cos seus amigos”, segundo conta Juan “Tito” González, director da agrupación, “para desfrutar nós tamén e sairnos do protocolo do escenario”.
Nun ambiente “familiar no que compartir a música”, os asistentes á xuntanza, que terá lugar o vindeiro venres 20 de marzo ás 21,00 horas no restaurante A Diligencia, poderán desfrutar dunha cea-musical con intervencións dos grupos convidados -que non serán os únicos en tocar-. “Este ano veñen a banda de gaitas de Maceda e o grupo de acordeóns de Lalín”, aclarou Tito, apuntando que “intentamos facer relación con agrupacións de toda Galicia”. Como artista convidado estará Juan Ruibal.
A cea, a que pode asistir quen desexe, “súmase cada vez máis xente”, apunta Tito, “ademais dos grupos convidados tamén veñen os amigos do fuelle, xente que comparte con nós tantas horas”, para vivir unha noite de “troulear, cantar e bailar”.
Máis de cen persoas
“O ano pasado asistiron máis de cen persoas”, afirmou Tito, recordando o éxito das anteriores edicións dunha iniciativa “que nace para desfrutar da música en boa compañía”.
Os interesados en asistir poden reservar chamando ao restaurante A Diligencia ata o 19 de marzo, o prezo da cea é de 15 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÚSICA E COMUNIDADE
Os do Fuelle viviron unha “noite máxica” en Maceda
MÁS DE 300 CENTENARIOS
El macedao Antonio Otero cumplió cien años de vida
Lo último