PISTOLETAZO DE SALIDA
Maceda no se amedrentó y fue fiel a su cita con los entroideiros
NEGOCIOS LOCALES
A Asociación de Comerciantes de Maceda celebrará dende o 15 ata o 30 de outubro, ambos incluídos, unha campaña de “Merca no teu comercio”, para promover a actividade comercial na vila. Conta cunha subvención do Inorde e a colaboración do Concello.
A campaña repartirá 5.000 euros en premios para os que merquen nos establecementos da asociación que fixesen a solicitude para participar a campaña. Os premios repartiranse en forma de rascas por compras superiores a 20 euros. Entre as 26.000 participacións cas que conta a campaña, 400 estarán premiadas cun desconto de cinco euros, 100 de dez euros e outras 100 de 20 euros. Os clientes poderán empregalos na seguinte compra, que terá que ser como mínimo do importe premiado.
“Roberto Carlos Freire, presidente da asociación, explicou que estas “pequenas iniciativas” son boas para dinamizar o comercio no rural, que se atopa “en horas baixas”, e que malia que poida semellar “unha gota no océano”, todo suma, “tanto para o comercio coma para o cliente”, ademais de “intentar que non se vaia xente do rural e asentar poboación”, explicando que “facemos o que podemos coa capacidade económica e humana que temos na asociación”.
Rocío Loureiro, dona dunha óptica na vila, explicou que esta campaña busca “aproveitar a tempada baixa”, servindo de enganche entre o período estival e o nadal, puntos álxidos do comercio na vila macedá. Alicia Garrido, dona da librería Alicia, apuntou que “gustaríanos ter apoio para fomentar o comercio e que fixesen aparcadoiros accesibles”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PISTOLETAZO DE SALIDA
Maceda no se amedrentó y fue fiel a su cita con los entroideiros
FALTA DE VIVIENDA
La modificación del PXOM de Maceda sale a debate público
ENTROIDO DE MACEDA
Los felos reaparecerán en Maceda el 24 de enero
"NON SÓ OS ADULTOS"
Las protestas del sector primario calan en los más jóvenes de Maceda
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
¿Votan los migrantes en las elecciones? Qué dice la ley y por qué el debate ha vuelto al centro de la política
COYUNTURA ECONÓMICA
El PIB creció un 2,8% en España en 2025, ligeramente por debajo de lo previsto