Os Cantos de Adega regresan a Manzaneda
CINCO ADEGAS DE VECIÑOS
Manzaneda acolle este sábado unha nova edición de Os Cantos de Adega, unha cita chea de música e ambiente
A vila de Manzaneda acolle este sábado, 18 de abril, unha nova edición de Os Cantos de Adega, unha cita que encherá de música e ambiente tradicional as rúas desta localidade da Ribeira Sacra.
A pesar de contar unicamente con dous bares, Manzaneda volve demostrar que iso non é un límite para a festa. Á oferta hostaleira súmanse cinco adegas de veciños que abrirán as súas portas ao público, converténdose en escenario para os sete grupos participantes, que levarán a música tradicional de parada en parada.
En total, dous bares -O Pendón e Bar Nevada-, e cinco adegas de veciños da vila, que ano tras ano abren as súas portas desde os primeiros cantos organizados en Manzaneda, acollerán as actuacións de formacións como Macizas Centrais, A quinchousa Oscura, Os Desgraciados Xeitosas, Sondailla Arousa, Abertal, Os Trabazos e Tornaxeira, que animarán distintos puntos da vila ao longo da tarde e da noite do sábado.
O punto de encontro será o local da Asociación Cultural A Rebusca, ás 18,30 horas, e tamén alí se porá o broche final á xornada tras o percorrido musical polas distintas localizacións.
A iniciativa, organizada pola asociación de veciños Vila de Manzaneda e a asociación cultural A Rebusca, conta coa colaboración do Concello de Manzaneda e combina música tradicional, participación veciñal e posta en valor do patrimonio local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología
Berto Manso
LA OPINIÓN
De todo se aprende
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Non é o mesmo ganar que saber ganar