VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
ENTROIDO
Antes da caída da noite, aproveitando un sábado con case algunha raiola no ceo e antes de que apenas unha luz suave das farolas alumaran as rúas estreitas da vila, o Entroido volveu cobrar vida en Raigada, no Concello de Manzaneda. A aldea converteuse esta fin de semana nun escenario de tradición e encontro, coa visita do fulión de Vilarmeao.
Ao caer do sol do sábado, as mázcaras, seguidas de bombos, aixadas e cornas do fulión de Vilarmeao, partiron cara ao Castiñeiro, punto de encontro onde comezou a ronda. Alí agardábaos o pobo de Raigada e, como manda a tradición, os visitantes pediron entrada en verso, con humor e retranca, para poder tocar na aldea. A resposta non tardou en chegar: tamén en verso, cos veciños concedéndolles permiso, abrindo así as portas a unha longa noite de música e percorrido polas rúas. As mázcaras danzaron xirando sobre si mesmas con elegancia e firmeza, mentres o son da corna era o primeiro en dar sinal de comenzo, acompasadas polas chocas e o retumbar dos bombos, gadañas e aixadas que encheron cada recuncho da aldea
Non se trata dunha fuliada ao uso, explican os veciños, senón dunha visita que percorre cada recuncho con esencia e vitalidade, mantendo viva a tradición ata que o corpo aguante e ben entrada a madrugada. Máis dun cento de persoas, entre integrantes do fulión e acompañantes, avanzaron polas estreitas rúas, facendo paradas en adegas e casas para repoñer forzas.
A visita entre pobos reafirmou a forza dun Entroido que segue vivo grazas ao compromiso das súas xentes.
Na mesma xornada, o fulión de Bidueira tamén visitou a aldea de Requeixo, e o de Borruga a Cubeiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
PROGRAMA MODO VERÁN ACTIVO
Manzaneda, escenario del verano activo de 420 jóvenes
XVII CERTAME CELTIBÉRICO
Manzaneda volve ser a capital da gaita
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano