VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
XUNTANZA
O CEIP de Manzaneda volveu abrir as súas portas o pasado 10 de maio, aínda que era sábado, pero esta vez non só para o seu alumnado actual, senón para recibir a centos de veciños e veciñas que, dalgún xeito, forman parte da súa historia.
Era unha ocasión especial: o colexio celebraba os seus 50 anos de vida, desde que no curso 1974-75 comezaran a soar por primeira vez as voces infantís nos seus corredores.
Foi unha xornada de celebración, pero sobre todo de emoción e moitos recordos. As instalacións do centro engalanáronse para a ocasión, converténdose nun espazo onde memoria e presente camiñaron da man. Polos corredores, exposicións de fotografías antigas amosaban a evolución do colexio e das xeracións que o habitaron, mentres no escenario, as actuacións de alumnos actuais e exalumnos, como os irmáns Gutier e Javier Álvarez, enchían de música unha festa feita con moito agarimo.
Preto de 300 persoas participaron no xantar de confraternización que tivo lugar no pavillón polideportivo. Alí compartíronse anécdotas, sorrisos e moita emoción, especialmente cando, durante a comida, unha pantalla xigante ía proxectando fotos e vídeos de todos estes anos. Un dos momentos máis aplaudidos foi cando apareceu proxectada a foto da señora Justa, a cociñeira de toda unha vida, moi querida por todos.
Tamén houbo tempo para as homenaxes. As profesoras Dona Araceli, Dona Amparo e Dona Ana —pioneiras do centro— recibiron unha placa conmemorativa da man do alcalde, como recoñecemento ao seu labor e entrega nas primeiras etapas do colexio.
Pola tarde, a festa seguiu con forza coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, que fixo bailar a grandes e pequenos nun ambiente cheo de ledicia e nostalxia. Pero o día non rematou aí: ao caer a noite, anpa de Manzaneda tiña organizado un guateque reencontro da man de Disco Móbil Ilusión, que prolongou a celebración ata ben o amencer.
Houbo tempo para todo: para marcar coas mans un cartel xigante conmemorativo, para sacarse fotos nos photocalls preparados, e para volver camiñar polos pasillos da escola como cando se tiñan sete ou dez anos compartindo recordos cos compañeiros de clase. Foi, sen dúbida, unha xornada para gardar no recordo, para agradecer o vivido e celebrar que, medio século despois, o colexio de Manzaneda segue sendo moito máis que un edificio: é memoria, é vida, é comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITNATES DE TODA ESPAÑA
La Estación de Montaña de Manzaneda completa la ocupación para el eclipse solar del 12 de agosto
PROGRAMA MODO VERÁN ACTIVO
Manzaneda, escenario del verano activo de 420 jóvenes
XVII CERTAME CELTIBÉRICO
Manzaneda volve ser a capital da gaita
Lo último
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar