DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
RUTA DO VIÑO
O xeodestino Verín-Monterrei pon este vindeiro domingo, 4 de outubro, o broche de ouro ao ciclo de 12 rutas de sendeirismo que ao longo dos últimos meses percorreron os diferentes concellos da comarca e da veciña Conso-Frieiras.
O derradeiro itinerario, coñecido como “Ruta do Viño”, será unha oportunidade para descubrir o patrimonio vitivinícola local trala celebración da V Festa da Vendima deste sábado 4 de outubro.
A andaina, que é de carácter circular, conta cunha dificultade media e cun percorrido total de 16 quilómetros. O percorrido partirá ás 9,00 horas da mañá dende a Casa do Concello de Albarellos.
Cunha duración prevista de catro horas, os participantes camiñarán entre viñedos da D. O. Monterrei, pistas rurais e camiños tradicionais, gozando de amplas panorámicas sobre o val e cun tramo destacado na contorna do Castelo.
Ao igual que o resto de andainas, desenvolvidas ao abeiro do convenio entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade, esta é totalmente gratuíta pero require inscrición previa. As persoas interesadas poden reservar a súa praza na web de Celtia Travel ou a través dos teléfonos 635 482 477 e 629 858 134.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último