José Luis Suárez revalida o liderado da agrupación do PP de Monterrei

PRESIDENCIA LOCAL

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, volveu ser escollido presidente da agrupación do Partido Popular trala celebración do congreso local

Simpatizantes e representantes institucionais do Partido Popular arrouparon a José Luis Suárez na súa reelección.
Simpatizantes e representantes institucionais do Partido Popular arrouparon a José Luis Suárez na súa reelección. | La Región

Este xoves tivo lugar en Albarellos, no concello de Monterrei, o congreso local do Partido Popular. O conclave, que se celebrara por última vez en 2014, renovou a agrupación da vila e escolleu de novo como presidente a José Luis Suárez, quen goberna a localidade dende o 2015.

Suárez valora de forma “positiva” a celebración dun congreso que “xa tocaba”, co obxectivo de “organizar o partido”. O mandatario cre que nesta altura de metade de lexislatura, “a só dous anos das eleccións municipais”, é importante “ir engrasando a maquinaria, preparando equipos e actualizando o noso programa”.

Alén diso, o alcalde amósase “orgulloso e satisfeito” de seguir presidindo o PP en Monterrei, e comparte o seu agradecemento “á militancia e afiliados, por seguir confiando en min. Podo dicirlles que seguirei traballando para mellorar os servizos e a calidade de vida da veciñanza”.

O encargado de clausurar o congreso, ao que ademais de simpatizantes acudiron concelleiros, alcaldes, deputados provinciais e autonómicos, foi Luis Menor. O presidente provincial destacou de José Luis Suárez o seu coñecemento das administracións e da importancia da colaboración coa Deputación e a Xunta, “como está a facer cunha das xoias patrimoniais da provincia como é o Castelo”.

“Facer que o partido medre”

Menor destacou que entre os obxectivos de José Luis Suárez “non está só revalidar as maiorías absolutas no seu municipio en cada elección, senón seguir facendo que o partido medre e gañar o apoio maioritario da veciñanza”.

Contenido patrocinado

stats