SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
ATENCIÓN Á VECIÑANZA
O Concello de Monterrei celebrou onte o pleno dos meses de abril e maio, no que o grupo de goberno deu conta da liquidación orzamentaria do 2024, así como dunha solicitude á Xunta para poder financiar os diversos servizos sociais que presta o Concello este exercicio, fundamentalmente o servizo de axuda no fogar (SAF).
Para o alcalde, José Luis Suárez, o SAF é un servizo “potente” que require dun “gran esforzo orzamentario e de persoal”.
Este ano prestaranse un total de 39.628 horas de atención a usuarios, pasando dos 585.000 euros de custo do 2024 a 776.162 euros en 2025.
“Queremos que o servizo siga sendo público e xestionado por nós, e esperamos que a Xunta suba a subvención da hora de 12 a 14 euros, sobre un total de 19”, manifestou o mandatario local.
Por último, Suárez desvelou que este ano recuperarase a “Festa do Maior”, que terá lugar o 1 de maio en Albarellos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SECTOR AGROALIMENTARIO
Un programa busca apoyar a emprendedores de Monterrei
DOTADO CON 1.000 EUROS
Soto Fernández, premio de pintura en Monterrei
OUTONO
Mixós deslumbra baixo o sol
Lo último