Monterrei presume en Festur dos 40 anos da súa Xuntanza Internacional de Gaiteiros
FEIRA DE FESTAS TURÍSTICAS
O Concello de Monterrei participa ata este domingo na XI edición de Festur, a Feira de Festas de Interése Turístico de Galicia
Festur forma parte da 47ª edición da Abanca Semana Verde de Silleda, e este ano acada un fito histórico ao reunir a 60 festas recoñecidas, oficialmente, polo seu interese turístico, a cifra máis alta dende a súa primera edición no 2014.
A Xuntanza Internacional de Gaiteiros é a festa que representa Monterrei no Festur, e que este ano ademais acadará as corenta edicións.
Desta vez celebrarase os días 29 e 30 de agosto, e novamente reunirá a músicos e artistas de recoñecido prestixio a nivel internacional, sendo considerado como o único festival sobre o mundo da gaita que se leva a cabo no Estado.
No stand de Monterrei preséntanse os recursos patrimoniais e naturais do seu territorio, os viños con DO Monterrei e a propia Xuntanza Internacional de Gaiteiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último