Actividade cultural e sostible, no Vila do Arenteiro
Alumnos do centro elaborarán un mural con pinturas anticontaminantes, dirixidos polo artista David Brey
O CPR Vila do Arenteiro do Carballiño acollerá hoxe, entre as 10,30 e as 12,50 horas, o proxecto da Obra Social de Abanca “Plantando árbores con pinceis”, coa participación de máis dun cento de rapazas e rapaces dende 3º de Educación Primaria ata Educación Secundaria.
Durante a actividade elaborarán un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes. O artista David Brey Vázquez, de Vella Escola, será o encargado de dirixir a creación da obra nun dos murais do centro educativo. Ao longo desta mesma mañá, os escolares tamén decorarán bolsas de tea con pinturas ecolóxicas.
A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de Abanca “Educación para a sostibilidade”, que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA. En “Plantando árbores con pinceis”, a Obra Social combina a cultura, a formación e a sostibilidade nun mesmo proxecto no que se incide no imprescindible coidado do medio ambiente para garantir un mundo acorde cos principios que guían os ODS 2030.
2021
“Plantando árbores con pinceis” púxose en marcha no 2021, dentro das propostas que a Área Educativa de Abanca ofrece ao longo do curso académico. Cando remate este curso 2024-2025, máis de 17.000 escolares e docentes terán pintado máis de 175 murais en centros educativos de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido en un atropello en O Carballiño
INCENDIO EN CARRETERA
Prende en llamas un camión de Coren en la OU-504 a la altura de O Carballiño
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas