ANIVERSARIO DEL TEMPLO
La Veracruz abre su Puerta Santa y celebra el comienzo de su año jubilar
PATRIMONIO CULTURAL
A área de Educación do Concello do Carballiño pon a disposición da veciñanza os libros retirados do fondo da Biblioteca Municipal durante a primeira fase do expurgo que se leva a cabo desde o mes de outubro. Este proceso es “necesario para o bo funcionamento da Biblioteca e para garantir a calidade dos préstamos”, segundo Lorena Castro, concelleira de Educación. Esta actuación inclúe o inventario e pre-catalogación básica de materiais a revisar, o rexistro documentado de baixas, a consulta institucional á Xunta se fora preciso pola Lei de Patrimonio Documental de Galicia e o tratamento final do material.
A área de Educación convida á cidadanía a achegarse este venres e sábado á Biblioteca e ver se hai libros do seu interese entre aqueles volumes que se retiran do catálogo. Pode ir dende particulares a asociacións, centros educativos, de estudos, agrupacións culturais ou sociais. Entre os materiais destacan enciclopedias, libros de diversas áreas do coñecemento ou novelas. Poden achegarse á Biblioteca este venres, en horario de 17,00 a 20,00 horas, e este sábado, en horario de 10,00 a 13,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último