ANIVERSARIO DEL TEMPLO
La Veracruz abre su Puerta Santa y celebra el comienzo de su año jubilar
NADAL NA HOSTELERÍA
O Concello do Carballiño impulsa a creatividade dos comercios e da hostalaría co concurso de escaparates de Nadal. Haberá seis premios aos proxectos expositivos máis creativos, orixinais e sostibles. “É un estímulo para o propio sector e tamén para a veciñanza e para a xente que se achegue á vila nestas semanas”, asegura Diego Fernández, concelleiro de Cultura de O Carballiño. quen anima a comerciantes e hostaleiros a sumarse á campaña. O concurso conta con dúas categorías, de comercio e de hostalaría, e cada unha inclúe tres premios de 200, 150 e 100 euros respectivamente. O xurado, que nesta ocasión estará formado polo concelleiro de Cultura, un representante do comercio ou hostalaría e un representante dunha asociación cultural ou veciñal, será o encargado de avaliar as propostas. No caso do comercio, valorarase só o escaparate, mentres que na hostalaría valorarase en conxunto o mellor interior e os elementos externos (deseño de entradas, portas ou ventás do local, entroutros).
“Aparte de ser un dos concursos mellor aceptados polos comerciantes, é importante que todos os actores involucrados no sector do comercio fagan un esforzo por xenerar ese ambiente de Nadal que fai que esas datas sexan tan entrañables”, comentan dende o Concello, que agarda que este ano volva ser un éxito como en pasadas edicións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior