riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
ACCIÓN GRATUÍTA
A Eurocidade Chaves-Verín AECT celebrará o vindeiro 13 de decembro, sábado, unha nova acción social dirixida á poboación verinense no marco do programa “Descubre a Eurocidade Chaves-Verín: o outro lado que tamén é noso”.
Esta nova actividade coincide coa época do Nadal, polo que os participantes poderán visitar o mercado de Nadal e as iluminacións festivas da cidade de Chaves.
O programa ten como fin reconectar á cidadanía co patrimonio termal e os recursos culturais e turísticos compartidos entre as dúas localidades, reforzando o sentimento de pertenza a un territorio común e promovendo a cohesión transfronteiriza.
A iniciativa inclúe transporte, seguro, visitas guiadas bilingües, xantar e actividades culturais e de benestar ao longo de toda a xornada.
Esta acción enmárcase no proxecto “Eurocidade Termal e da Auga”, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
A participación é de balde, se ben cómpre ter en conta que as prazas son limitadas. Os interesados poden inscribirse en liña nas redes sociais (@eurocidade.chavesverin) ou fisicamente na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo ou na oficina de turismo de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín