Xociviga presenta o festival internacional de curtas

32 CURTAMATRAXES

Concello e Asociación Xociviga colaboran na promoción do séptimo arte en Carballiño

Irmáns Mario e Dani Férnandez Filloy xunto a Diego Férnandez, concejal de Cultura e Benestar de Carballiño.
Irmáns Mario e Dani Férnandez Filloy xunto a Diego Férnandez, concejal de Cultura e Benestar de Carballiño.

O festival internacional de curtas Xociviga proxectará 32 curtametraxes de 22 nacionalidades diferentes do 19 o 23 de novembro. O visionado será de balde e levarase a cabo no auditorio Manuel María do Carballiño. Un dos principais reclamos será a estrea mundial da obra “As mans da pulpeira” da directora Silvia Cachafeiro. Esta obra servira de apertura do festival e contará coa presencia do equipo artístico e técnico que participaran nun coloquio o rematar a proxección.

Dende o Concello de Carballiño, a traves do seu concelleiro de Cultura e Benestar Diego Férnandez, destacan “a importancia que ten o séptimo arte para o Carballiño” que nos últimos anos veu como se escolleu a Comarca como plató de diversas series e peliculas. Pola súa parte os representantes de Xociviga Dani e Mario recalcan “a importancia que ten o festival para achegar ó publico carballiñes non solo ás curtametraxes senón coa presenza durante estes días na vila do Carballiño de personalidades relevantes do mundo do cine como Rebeca Losada, Alberto Lobelle,ou Noelía Papín entre outros .

Xociviga é ademais un festival que segue a apostar por involucrar os rapaces mais novos e para elo colabora cos centros de ensino da vila coa proxección de diferentes curtas infantís. Para os mais pequenos o domingo 23 as 11:30 haberá unha proxección do filme de animación “Balto” (1995) de Simon Welles recomendada para todas as idades e especialmente recomendada para público infantil.

A programación, dun xeito moi similar á pasada edición, repartirase entre o mércores 19 e o domingo 23 da seguinte maneira:

O mércores 19 ás 11:30, previo á inaguración,levarase a cabo a proxección retrospectiva do filme “Fallen Angels”(1995), na sua version remasterizada en 4K.

A partires do xoves 20 ata o sábado 22, terá lugar a proxección das curtametraxes a competición, divididas durante os tres días en bloques de aproximadamente 1 hora de duración: ás 17:30, ás 19.00 e ás 20:30.

As curtas da sección internacional (curtametraxes de todo o mundo que compiten polo premio XENTES e onde tamén se atopan as catro curtas galegas) dividense en 7 bloques repartidas do seguinte xeito: XENTES 1 (Xoves ás 17:30) Xentes 2 (xoves ás 20:30), XENTES 3 (venres ás 17:30), Xentes 4 (venres ás 20.30), Xentes 5 (sábado as 17:30), XENTES 6 (sábado ás 19:00) e Xentes 7 (sábado ás 20.30). As curtas da secció XÉNESE (onde compiten as curtas de novos creadores menores de 30 anos) estara dividida en 2 bloques que se proxectarán o xoves as 19:00 e ás 20:30.

O día 23 procederase o peche do festival coa proxección das curtas favoritas do público ás 17.30 e entrega de premios ás 19.00.

Contenido patrocinado

stats