OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar
EVENTO CULTURAL
A Fundación Insua dos Poetas celebrará este sábado a XVIII Festa da Palabra, unha das principais citas culturais do verán galego, que nesta edición renderá homenaxe ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín pola súa extraordinaria contribución á literatura e á cultura de Galicia.
A xornada reunirá escritores, artistas, músicos, editores e representantes do ámbito cultural nun programa que combinará recitais poéticos, actuacións musicais, encontros literarios e diversos actos institucionais. Como é tradición, o evento servirá tamén para recoñecer a traxectoria de destacadas personalidades mediante a entrega dos Premios Insua dos Poetas 2026.
Entre as persoas distinguidas este ano figuran a escritora Fina Casalderrey, o editor e promotor cultural Bieito Ledo e o empresario Alfonso Medela pola súa contribución á literatura galega.
Ademais, a programación incluirá unha homenaxe ao trobador medieval galego Fernán Páez de Tamallancos, natural de Vilamarín. Señor das terras de Bubal e tenente do rei, destacou tanto polo seu papel político e militar como pola súa condición de protector da poesía lírica, conservándose del un cancioneiro con oito composicións.
O promotor do evento, Luis Tosar, asegurou que “é un evento cultural que, máis alá da provincia de Ourense, ten unha convocatoria en toda Galicia e constitúe un avance importantísimo no verán cultural, e unha xornada completa adicada á expresión máis xenuína da lingua galega”.
Un dos momentos destacados desta edición será a inauguración dunha nova instalación artística dedicada a García Lorca, obra da escultora Soledad Penalta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos