Simone Saibene
¡BUONES VISIONI!
Regravando os confíns do mundo
O titular tamén podería ser “Ten ben onde levalas”. No verán, estando na praia, é cando máis salta á vista e nos fixamos na fisionomía anatómica dos nosos semellantes: se fisionomía fina, esvelto ou esvelta, se obesa…; incluso cheguei a oír un “redios! que mal feito está!” Aínda que o comentario non é baladí, tampouco se pode trivializar. Fronte á situación estética existe outra máis grave: a saúde. Hai veces que visualizamos situacións que nos dan as certezas dos motivos, ou polo menos sospeitas. E tal afirmación deuse recentemente dos areais de Baltar (Portonovo), uns dos meus favoritos, xa que é o único areal urbano da ría de Pontevedra que conserva un sistema dunar. Aquí coincidimos xente, dende coñecida á que non coñeces tanto ou nada. Ármanse grupiños e, estando nun deles, opinando do Mundial de fútbol, divisamos, a uns metros un home corentón ben orondo -todo sexa dito- dotado dunha barriga prominente e portando unha caña de cervexa en cada man, en vasos de plástico. Facía xogos de equilibrio corporal para chegar ao destino sen derramar cervexa, cando oíuse unha voz: “Ten ben onde levalas!” Quero pensar que se entende o sentido da expresión…
Pero eu acordeime dunha expresión moi nosa que di “O palleiro non se fai sen palla”, ao observar ao mozo coa cervexa. A partir de aí xurde, en pleno areal, o tema da obesidade e cintura abdominal ampla. Como sempre, hai en calquera sitio ou situación un enteradiño na materia, o cal busca a ocasión para manifestar a súa sapiencia ou coñecemento sobre o tema, e a conversa da para todo… Así, mentres un manifesta a súa satisfacción por estar pisando un areal “bandera azul”, distintivo europeo que certifica a excelencia na calidade da auga, accesibilidade e sustentabilidade ambiental, ademais de ser unha praia catalogada de “libre de fume”, nembargantes, tanto criterio saudable choca coa imaxe dunha persoa relativamente moza con barriga cervexeira portando a fonte do delito: a cervexa.
A obesidade é considerada nestes tempos como una epidemia; no verán a temos máis á vista, pero non por iso é menos perniciosa no resto do ano
Aínda estando desfrutando de momentos de lecer e distensión, aparentemente sen as preocupacións rutineiras do día a día, sobre o areal dunha praia con avances saudables dese areal que frecuentas -bandeira azul, libre de fume, socorristas-, sen embargo contrasta a imaxe corporal dalgunhas persoas, non precisamente saudable, que delata a manifestación e exteriorización públicas das cervexas -a pares- nas mans.
Neme coñece que o termo “barriga cervexeira” utilízase para describir un abdome avultado, xeralmente asociado ao consumo alcohólico. E, aínda considerándoo un problema estético, ten implicacións na saúde metabólica e na saúde en xeral. Porque a “barriga cervexeira”, por acumulación de graxa arredor do abdome, o cal orixina esa circunferencia abdominal, asóciase a determinadas enfermidades, que van dende a hipertensión con risco cardiovascular á resistencia a insulina por culpa do exceso de graxa, que se traduce en azucre (glucemia) alto e, consecuentemente, en diabetes. Por este motivo recomendamos ás persoas con diabetes normalizar o peso corporal con estilos de vida saudables como primeiro tratamento; sería tamén a recomendación para o home das cervexas do areal de Baltar.
O ano pasado o pasamos ben, co mal que nos foio cando o “levantamento do toldo”. Recordémolo: estando tres amigos tomando os seus respectivos cafés na terraza cuberta cun toldo, pasado un tempo, o camareiro empeza a levantalo, co cal o sol dálles nas cabezas dos tres clientes “cafeteiros”, que o advirten protestando con un “non levantes o toldo que nos da o sol”; ao que o camareiro replica cun “se ao sol é o que vides aquí no verán”. Ata que se decataron que levaban xa tempo falando, con pouca consumición, polo que era unha maneira de botalos. De seguro que cas cervexas tamén hai formas de advertir, sensibilizando, se se toma máis da conta, incluso levantando o toldo. Pero moito me temo que, en vez de cafés, se estiveran con cervexas ao igual non se levantaría o toldo. A obesidade é considerada nestes tempos como una epidemia; no verán a temos máis á vista, pero non por iso é menos perniciosa no resto do ano. Polo tanto falalo, si; sensibilizar tamén e moito. Vexan por onde cunha hora de praia actualizamos medio ambiente e saúde, relegando ao Mundial de fútbol.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONES VISIONI!
Regravando os confíns do mundo
Manuel Orío
RECORTES
Qué más puede pasar
Rosendo Luis Fernández
Barriga cervexeira
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Democracia togada
Lo último
IV FOLIADA TORGUEIRA
Galería | A Gudiña, epicentro de la música y el baile tradicional
40 ANIVERSARIO
Luar na Lubre triunfó en As Ermidas
SEGUNDA FEDERACIÓN
El canario Víctor González “Viti” refuerza el ataque del Ourense CF