CULTURA GALEGA
A Festa da Palabra tomou un ano máis a Ínsua dos Poetas
POESÍA E NATUREZA
Durante séculos, as diferentes culturas puxeron especial atención á chegada da primavera con festexos e rituais. Onte pola mañá, medio milleiro de alumnos de dez centros escolares do Carballiño e Ourense achegáronse á Insua dos Poetas, na Esgueva, para celebrar o cambio de estación.
“Hoxe celebramos a entrada da primavera, que vén acompañada do Día da Poesía, o Día da Árbore e o Día da Auga. Por iso facemos unha celebración conxunta”, apuntou Luis G. Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas.
Os varios centos de estudantes dedicaron os derradeiros meses a preparar as súas actuacións, interpretadas enriba do escenario “Nós” para o resto dos seus compañeiros. Dende poesías, bailes e cancións en linguaxe de signos, os cativos fixeron as delicias do público, acomodados nas gradas en forma de anfiteatro que acompañan ao escenario.
“Eles son os verdadeiros protagonistas, son os que representan o futuro”, aclarou Tosar. A impaciencia e ganas por saír ao escenario dos máis novos era palpable no ambiente, e non dubidaron en polo en palabras: “Temos moitas ganas de actuar hoxe para os compañeiros”, aclararon Manuel e Ainara. “Gústanos moito a poesía e saír do cole”, apuntaron.
Pola súa banda, Uxía e Enzo estaban ansiosos polas súas respectivas actuacións, que cando remataron selaron cun amplo soriso. Outos, como Brais, destacaron a súa alegría por “aprender cousas novas”.
A maioría, senón todas, as súas actuacións estiveron dedicadas a Otero Pedrayo, o protagonista deste ano 2026 que coincide co cincuenta aniversario do seu pasamento, pero ademais, co centenario do camiño “Nós”, a ruta que fixeron varios autores galegos en 1926 dende Ourense ata Santiago, pasando polos terreos nos que hoxe se atopa a Insua.
Logo das preto de dúas horas que duraron as actuacións dos dez centros escolares, cargadas de referencias á natureza e á auga, os cativos puideron plantar árbores autóctonas na Insua, castiñeiros e cerdeiras -preto de medio centenar delas-.
Así, a Insua dos Poetas acolleu a celebración da chegada da primavera como se facía de vello, en compañía e con agradecemento pola volta da vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA GALEGA
A Festa da Palabra tomou un ano máis a Ínsua dos Poetas
PASE A DISPOSICIÓN JUDICIAL
La matricida de Carballiño dice que mató a su madre porque pensaba que era el demonio
EVENTO CULTURAL
A Festa da Palabra, de volta na Insua dos Poetas
Lo último
Sonia Torre
¡un café solo!
Noches en blanco
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Exposición Otero Pedrayo no Arquivo polo 50º aniversario do pasamento
INNOVACIÓN Y PROYECTOS
Los alumnos del Campus de Ourense cogen el rebufo de la F1 en Silvestone
JUICIO EN OURENSE
Echó a su pareja de casa con golpes y amenazas de muerte