“As Superviventes”, novo libro de Ramón Caride
LITERATURA CONTRA A VIOLENCIA
Ramón Caride presenta en Carballiño su novela “As Superviventes”, que aborda la violencia de género y la resiliencia de tres mujeres
Facía décadas que o escritor Ramón Caride, natural de Cea, non presentaba un libro no Carballiño. Lembra con claridade cando foi a última vez: ao redor de 1991, nun bar da rúa principal que a día de hoxe xa non existe. Máis de trinta anos despois, a mañá deste sábado, volveu á vila, esta vez á libraría Escolma, para presentar a súa nova novela: “As Superviventes”, unha historia sobre tres mulleres que coinciden no hospital CHUS de Santiago e cun pasado marcado pola violencia que as une.
A orixe da historia atópase nunha revista independente sobre unha rapaza con dependencia aos ansiolíticos, que afronta un conflito pola súa identidade de xénero, e tamén nun relato real dunha vítima de violencia machista. Ao descubrir esta realidade que descoñecía, Caride quedou conmocionado e pensou en escribir sobre mulleres que lograron sobrevivir a situacións extremas similares a estas. “Sinto que debemos amosar este tipo de sucesos que ocorren na vida real, para deixar claro que a violencia de xénero é un acto criminal, dicir quen son os agresores e dar visibilidade ás vítimas”, afirmou Caride.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PAQUETE EUROPEO DE REDES
La UE acuerda acelerar redes energéticas e interconexiones
SE AGRAVA LA TENSIÓN INTERNACIONAL
Estados Unidos bombardea Irán tras el ataque a un buque en el estrecho de Ormuz
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 27 de junio