FIESTAS LOCALES
O Abanico: que foi daquela sala de festas no Irixo?
FIESTAS LOCALES
Sala de festas, de vodas e banquetes; tamén funeraria, bar, tenda e restaurante. Todo isto foi no seu día O Abanico, no Irixo. Hoxe permanece como restaurante-bar, único na súa clase en toda a contorna do municipio. Máis reducido na actualidade polo paso do tempo, pero tan apreciado como foi nos seus inicios.
Julia Crespo, actual propietaria do establecemento, asegura que ao longo da semana recibe a numerosas familias, grupos de amigos, traballadores e cazadores. “Aquí seguimos celebrando moitos eventos como aniversarios, bautizos…Somos un punto de referencia na zona, porque non hai nada igual”, comenta. A xente continúa indo polo que O Abanico representa hoxe e tamén polo seu pasado, porque non falta quen lembra con nostalxia os anos vividos alí durante a súa mocidade.
Para falar das súas orixes hai que viaxar ata 1949. O local construíuse como a primeira casa levantada en toda a estrada na que está situado e se converteu nunha sala de eventos. “O cruce ten forma de abanico e de aí quedoulle o nome”, explica Maribel Rodríguez, antiga propietaria e filla dos fundadores. Os seus pais estaban á fronte do negocio e ela lembra axudalos desde sempre. Xa de adulta, cando os seus pais non puideron continuar a cargo, Rodríguez asumiu a responsabilidade de O Abanico e, xunto ao seu marido, abriu nos anos setenta un novo espazo na casa contigua, que funcionaría como restaurante e que ambos xestionarían durante máis de corenta anos.
Desde Lalín, Cea e Carballiño chegaban moitos visitantes ao Irixo para bailar en O Abanico ao ritmo da música das orquestas
Non se cansa de repetir que naqueles anos “todo era de marabilla”, cando atendía diariamente a máis de 90 persoas para comer e as fins de semana abría o espazo de ocio nocturno. Con todo, eses momentos chegaron ao seu fin cando a chegada do tren facilitou os desprazamentos ás cidades, onde a oferta era maior. “Entón tamén abriu A Paulino, moito máis grande, e a xente foi deixando de vir aquí. Algúns amigos propuxéronnos ampliar a nosa sala, pero non podiamos, e acabamos pechándoa”, conta. As novidades tecnolóxicas tamén cambiaron as rutinas dos veciños, que viron nos núcleos urbanos maiores oportunidades laborais.
“O Irixo é grande, pero agora falta xente”, subliña a actual propietaria. Crespo, antes traballadora do local, asumiuno fai cinco meses, cando Rodríguez e o seu marido deixárono. Observou que os clientes aínda valoran o lugar pola súa oferta de comida caseira, un servizo de restaurante único na zona. Ese é o seu principal punto diferenciador, menciona, aínda que admite que lle gustaría recuperar a antiga discoteca. Opina que o problema non radica na falta de iniciativa, senón na falta de apoio ao medio rural: “En sitios como este póñenche pegas para todo, así que a xente vaise; é normal”. De todos os xeitos, intentarase volver ao que o local foi nos seus inicios; e, en calquera caso, seguirán acollendo aos seus clientes fieis, coma sempre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIESTAS LOCALES
O Abanico: que foi daquela sala de festas no Irixo?
"REVOLUCIÓN NA COLMEA"
Os Parrandas do Irixo endulzan el Entroido
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El golpe: 23 F. La sombra persiste
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Atallar pola montaña