DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
A 38ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recupera este ano toda a súa forza e intensidade, ademais do carácter internacional, tras dous anos, que sin deixar de desenvolvese, tivo lugar nun formato máis reducido. O festival terá lugar do 15 ao 24 de xullo e traerá a Ribadavia a escena máis innovadora.
Un programa con tres coproducións e 21 actuacións, entre as que destacan a estrea e presentación en Galicia do traballo de artistas internacionais de Perú, Portugal, México ou Mozambique, como a prestixiosa directora Chela de Ferrari ou a compañía portuguesa Nome Próprio (con Victor Hugo Pontes e Joana Craveiro).
Por primeira vez en Galicia contarase cos cataláns Xavier Bobés e La Calórica con “La infamia”, a partir das memorias da periodista e activista mexicana Lydia Cacho.
A edición de 2022, ademais da recuperación da plena dimensión internacional, tamén concede importancia á dramaturxia galega actual, con traballos dos máis destacados autores e autoras coma Esther Carrodeguas ou Ernesto Is.
“Resituar no centro o que tradicionalmente se deixou nas marxes”, segundo sinala o director da mostra, Roberto Pascual, é o reto da 38ª edición da MIT, que reúne un conxunto de espectáculos que abordan temas ou asuntos relacionados coa marxinación, as súas causas e consecuencias. Un claro exemplo pode ser o espectáculo “Margen”, dos portugueses Nome Próprio. Tamén se contará co espectáculo galego “Demente”, que aborda as enfermidades mentais dende a fusión de música e canto (con Aida Tarrío de Tanxugueiras).
Outro estigma é o das persoas con Síndrome de Down. “Por iso abrimos cun gran espectáculo, versión libre de Hamlet, que a directora peruana Chela de Ferrari realiza para ser protagonizado por persoas con Síndrome de Down”, sinala o director.
O teatro de obxectos terá moita importancia, ademais da danza, do teatro e do circo. Contarase con Alberto Conejero ou a compañía El Patio.
“A lúa vai encuberta”, unha unión temporal de dúas compañías, A Quinta do Cuadrante e Incendiaria, que ofrecen unha revisión humorística e crítica do pasado; a catalá José y sus hermanas presentarán “Explore el jardín de los Cárpatos” e La Calòrica, de Cataluña, ofrecerá tamén unha versión de Aristófanes, “Las aves”.
A programación completarase con presentacións de libros, foros, “A miña primeira MIT”, ou o 1º Encontro interxeracional das Artes Escénicas de Galicia, entre outras actividades.
Ao acto de presentación asistiron Paula Rodríguez, concelleira de Cultura; Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia; César Fernández, vicepresidente da Deputación; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Manuel Arias, en representación do Ministerio de Cultura, e o director do festival, Roberto Pascual.
Paula Rodríguez lembrou a xeración de teatro Abrente e destacou ao actual Teatro do Vilar. Noelia Rodríguez agradecía a colaboración das institucións, aos patrocinadores e ós voluntarios “que cada ano se implican máis”. César Fernández, pola súa banda, destacaba que nos peores anos da pandemia a mostra perdurou, ao mesmo tempo que se refería ao compromiso da Deputación na difusión da cultura. Jacobo Sutil, quen se referiu ao apoio económico da Xunta e a participación do Centro Dramático Galego, resaltou “o apoio do tecido empresarial local e a implicación dos veciños”. Manuel Arias felicitaba á organización por achegar a cultura a todos os cidadáns, dando paso a Roberto Pascual que presentou o programa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
Revisar nuestro entusiasmo con la inteligencia artificial
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 1 de marzo?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 1 de marzo, en Ourense
Miguel Anxo Bastos
Guerra de Rússia e economía de mercado