nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
obituario
O teatro e o audiovisual galego lamentan o pasamento do actor de Ribadavia Ernesto Chao aos 74 anos. O que fora pioneiro na profesionalización da escena galega, interpretou o seu derradeiro espectáculo, "A canción do Elefante", da compañía Redrum, na última edición do Festival de Teatro Galego, que se celebra en Carballiño e que hoxe presenta a nova programación cun minuto de silencio polo seu compañeiro.
Aínda que moitas xeracións o recordan polo seu papel de Miro Pereira na serie galega "Pratos Combinados", Ernesto Chao foi moito máis. "O audiovisual gustáballe, pero o teatro amábao e quería ser recoñecido por iso. Era carne de escenario que nos coidou a todo o sector", conta Josi Lage, directora do FETEGA. Os inicios teatrais de Chao están vinculados á Agrupación Cultural Abrente, impulsora da profesionalización do teatro en Galicia e "antecesora" das hoxe consolidadas Mostras de Teatro de Ribadavia. O director artístico da MIT, Roberto Pascual, manifesta "o recoñecemento e admiración" ao actor "e a todos os que loitaron pola dignificación da profesión". "Hoxe Ribadavia chora. A MIT e a casa do teatro senten a perda dun piar colectivo e esencial. Alimentas o compromiso, a cultura e a dignidade", indica nun comunicado o equipo da MIT, festival do que recibiu o Premio de Honra.
Un pioneiro sobre o escenario
Dende a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entidade da que foi fundador, resaltan o seu papel "pioneiro da escena" e "querido referente tanto para o público como a profesión, que forma parte da xeración que puxo en pé o teatro profesional en Galicia, foi segundo director do Centro Dramático Galego e desenvolveu unha das traxectorias de maior prestixio no noso oficio".
No Centro Dramático Galego formou parte do elenco de "Agasallo de sombras", de Roberto Vidal Bolaño. A partir de aí, tal e como recorda a Asociación de Actores, traballou nas montaxes de "Os vellos non deben namorarse", "As tres irmás" ou "Un soño de verán". Deixou a súa pegada noutras compañías como a histórica Teatro Artello, Teatro do Malbarate, Teatro do Noroeste, Manivela ou Redrum. Coa súa muller, a tamén actriz ourensá Rosa Álvarez, fundou en 2002 a compañía "Lagarta Lagarta", que conquistou ao público con obras como "Carambola", "As últimas Lúas", "Aeroplanos" ou "O segredo dos Hoffman".
As redes sociais choran a morte do actor, especialmente recordado polo seu papel de Miro Pereira en "Pratos Combinados", no bar Suízo onde servía o famoso café con mondas de pataca.
"As necoriñas choran"
Compañeiros como Cristina Castaño, Paula en Pratos Combinados, recordan ao actor: "Me cagho no mundo. Ata sempre compañeiro. Un bico eterno de Pauliña". O ourensán Serxio Pazos referiuse a Chao como "un histórico do teatro e da TVG, irá facer rir alá por onde ande". Antonio Durán "Morris", o seu cuñado na serie da TVG–que onte repuxo capítulos en homenaxe ao actor– reivindícase "como parte da túa outra familia, a profesional. Fuches divertido, conciliador, amigo querido, moi traballador , combativo e actor representativo para moitas xeracións. Hoxe Nesto, ata as necoriñas están chorando".
Dende o Concello de Ribadavia adiantan que prepararán unha homenaxe póstuma para o "veciño, compañeiro e amigo Nesto, que lle quixeches á MIT e a Ribadavia dende sempre e por sempre. Hoxe o Auditorio Rubén García pecha o telón coa máis agarimosa ovación". O velatorio será en Boisaca, en Compostela.
Fernández Albor, o último papel nunha serie de pequena pantalla
Contenido patrocinado
También te puede interesar
nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN
Los vinos de la D.O. Ribeiro logran seis medallas de oro en Burdeos
NUEVA FEIRA DE ARTESANÍA
Feria | Feira do Viño do Ribeiro
Lo último
EXPERTOS COORDINADORES
Jesús Criado y Martín Carral, en Ourense: “El lobo es el veterinario del monte ourensano”
REUNIÓN EN SANTIAGO
La Xunta garantiza su apoyo a la Irmandade Galega na Suíza