La Región
Vergüenza
Amigos e amigas:
Teño na miña mesa de traballo o libro “NaturezAula”, de Salesianos-Ourense, de 405 páxinas a toda cor, que recolle a meirande parte das moitísimas actividades que realizaron durante o curso 2025-2026. Durante a lectura do libro, resultoume espontáneo o sentimento de admiración e gratitude ós profesores, e o sentimento de parabéns ós alumnos.
“NaturezAula” é un libro con alma e percorrido de novela. Cada actividade do curso que acaba foi coma un tear. Centenares de teares elaboraron a bonita alfombra que teceron durante o curso os alumnos, os profesores e todo o persoal que educou nas aulas, no patio, no comedor, nos xardíns, nos corredores, nos campos e na natureza.
Estes son os títulos dalgúns capítulos do libro: Introdución. Xustificación do proxecto e descripción da contorna. Desenvolvemento do proxecto: equipo de traballo e alumnado participante; actividades no Ensino Infantil, no Ensino Primario, no Ensino Secundario Obrigario e no Bacharelato… Difusión e comunicación do proxecto. Impresións do alumnado sobre o traballo realizado. Facturación. Valoración e conclusión.
Unha persoa de prestixio en Ourense escribe na introducción do libro: “… ‘NaturezAula’ non é só un programa ambiental. É unha maneira de mirar o mundo, de entender a relación entre as persoas e a súa contorna, de educar desde a responsabilidade, o coidado e o respeto. Ano tras ano, o colexio Salesianos-Ourense demostra que a educación ambiental non é unha actividade puntual, senón unha actitude constante, integrada no día a día do centro e na formación integral dos alumnos”. Unha parcela da alfombra está tecida por un grupo de sete alumnos, recoñecidos estes días, en Santiago de Compostela, polas Universidades galegas, entre os meiores expedientes de Galicia nas Probas de Acceso a Universidade.
Amigos e amigas, na valoración do Proxecto NaturezAula, dísenos que en cada paso que damos pola natureza recibimos moito máis do que buscamos. Cada paso que deamos este verán por Auria, a aldea, a montaña, e a praia imos recibir moito máis do que esperamos. Feliz verán, coa natureza, o sol e auga.
Adolfo Requejo Rodríguez (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EXCAVACIÓN ARQUEOLÓGICA
Hallan restos de “pallabarro” y semillas en Santa Mariña
DO 6 AO 10 DE XULLO
Celanova convértese no epicentro do audiovisual
Rosendo Luis Fernández
Santalices, fillo adoptivo
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas