RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
Formación
A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou este mércores o IES O Ribeiro interesándose polo funcionamento do Bacharelato de Artes, que se implantou este ano por primeira vez neste centro educativo, o que permite que o alumnado da comarca e de outras próximas que desexe cursar estas ensinanzas non se teña que desprazar a Ourense ou Vigo.
Carmen Pomar salientou do IES O Ribeiro a súa ampla traxectoria, de máis de medio século, como centro de referencia na comarca. Ademais destacou tamén a estreita relación do centro coa realidade socioeconómica da contorna. Non en balde, este centro educativo é un dos dous centros de ensino galegos que oferta o ciclo de grao medio de Formación Profesional en aceites de oliva e viños e un dos catro que imparte o de grao superior en Vitivinicultura.
Así mesmo, conta na súa oferta cos graos básicos de Industrias alimentarias e de Mantemento de vehículos e co grao medio en Electromecánica de vehículos automóbiles, o que permite configurar un itinerario completo para o alumnado de FP nunha destas dúas ramas profesionais.
A titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia aproveitou a súa estancia no centro para felicitar ademais á comunidade educativa pola súa implicación en diferentes e interesantes programas como o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) ou os Clubs de Lectura.
Así mesmo, Carmen Pomar tamén destacou que o IES O Ribeiro incorporouse ao proxecto de libro dixital E-Dixgal no curso 2018/2019 e desenvolveu o programa Paisaxe e sustentabilidade, do Plan Proxecta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
ACEITES ABRIL
O Ribeiro gana peso en la producción de aceite gallego
Lo último
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología
Berto Manso
LA OPINIÓN
De todo se aprende