O ilusionismo envolverá de maxia as rúas de Ribadavia

FESTIVAL DE MAGIA

Ribadavia acolle durante dous días ao mago Deimi, a la maga Belmonte, José Rivera, Pablo Estévez e Román García nunhas xornadas cheas de maxia

Actuación da actividade “No bico un cantar”, no Castelo de Ribadavia (M.P.)
Actuación da actividade “No bico un cantar”, no Castelo de Ribadavia (M.P.)

Ribadavia prepárase para acoller unha das citas máis esperadas do ano: a terceira edición do Festival Ribadavia Máxica, que terá lugar os días 24 e 25 de agosto. Este evento convértese nun encontro imprescindible para os amantes do ilusionismo, ofrecendo unha fin de semana chea de espectáculo, diversión e asombro para todos os públicos coa participación de recoñecidos artistas e ilusionistas que traerán a maxia máis sorprendente e innovadora á vila.

Entre os ilusionistas destacan figuras como o Mago Deimi, coñecido polo seu estilo enérxico e sorprendente; Maga Belmonte, cuxa combinación de maxia e narración cautiva a públicos de todas as idades; Jose Rivera, mestre da maxia de preto; Pablo Estévez, especializado en grandes ilusións, e Román García, quen ten preparado un espectáculo sorprendente.

Ademais, haberá un obradoiro de maxia e espectáculos para o público familiar; maxia de preto, máis íntima e impresionante presente nas rúas de Ribadavia; a gala de maxia, onde varios ilusionistas se subirán ao escenario para ofrecer un show cheo de sorpresas; e a maxia golfa, na noite do sábado cunha proposta máis adulta e misteriosa. E tamén está prevista a conferencia “Nanomagias”, a cargo de Román García.

O Festival Ribadavia Máxica espallarase por varias localizacións emblemáticas da vila, creando unha atmosfera máxica en toda Ribadavia. As actividades desenvolveranse ao longo de todo o día, tanto o sábado como o domingo e a entrada a todas elas é gratuíta.

O festival promete ser unha experiencia inesquecible para todos os que decidan achegarse á vila durante esta fin de semana. Co apoio do Concello, este evento busca consolidarse como unha referencia no mundo do ilusionismo.

Contenido patrocinado

stats