Ribadavia acolle un intercambio de 25 mozos de cinco países
ACTIVIDADES
O Concello de Ribadavia será o anfitrión dun intercambio xuvenil que terá lugar do 17 ao 22 de novembro, enmarcado dentro do programa “Deseñando o teu futuro” da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O proxecto contará coa participación de 25 mozos e mozas procedentes de cinco países diferentes: 5 de Ribadavia, 5 de Grecia, 5 de Rumanía, 5 de Estonia e 5 de Portugal.
O obxectivo deste intercambio é aumentar a participación dos mozos nos procesos democráticos e concienciar sobre a importancia da cidadanía activa. Durante a súa estancia traballarán no desenvolvemento de habilidades fundamentais como a lideranza, a toma de decisións e o pensamento crítico. Tamén se fomentará a creatividade, o diálogo intercultural e a cooperación en grupo. O programa inclúe actividades formativas sobre a estrutura da Unión Europea, o Parlamento Europeo, a democracia e a igualdade de xénero. Ademais, preténdese estimular o interese polo voluntariado e a contribución á comunidade local.
O proxecto está financiado polo programa Erasmus+, que cubrirá todos os gastos de aloxamento, manutención e visitas culturais para os participantes.
O próximo luns, ás 12,00 horas, terá lugar unha recepción oficial no Salón de Plenos de Ribadavia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último