NUEVA FEIRA DE ARTESANÍA
Feria | Feira do Viño do Ribeiro
O grupo municipal Ribeiro en Común rexeita os cambios no Plan Provincial 2017 feitos polo goberno socialista de Ribadavia porque considera que se rompeu o acordo consensuado polos grupos que forman parte da Corporación. A intervención de mellora nos Xardinillos estaba aprobada por consenso para os Plans Provinciais 2017 e recorda o portavoz, Brais Fidalgo, que foi o grupo Ribeiro en Común quen, despois de que moitas usuarias do parque o reclamaran, "pedimos que se realizaran uns aseos públicos".
Así, foi nunha xunta de portavoces dos grupos municipais onde se acordou por todos solicitar os Plans Provinciais para a mellora do parque (pois leva tempo con zonas degradadas, a pesar de ser un parque moi utilizado) e a creación de servizos públicos, tamén moi demandados.
Segundo apunta Fidalgo, nos Plans Provinciais acordouse solicitar tamén a mellora do acceso á vila de Ribadavia pola rúa Piñeiral, proposta por Ribeiro en Común, e aprobada nos orzamentos 2017. "Agora o alcalde unilateralmente modifica a solicitude e pretende facer un investimento, non só do total dos Plans Provinciais que foran consensuados, senón que pretende aportar diñeiro doutras partidas e subvencións que aínda non foron nin publicadas, ata un total de 100.000 euros", sinala. Engade que "parécenos innecesario a realización dun investimento que vai superar os 100.000 euros, cando as necesidades do noso municipio aconsellan repartir e distribuír os investimentos en máis sitios e lugares de Ribadavia".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVA FEIRA DE ARTESANÍA
Feria | Feira do Viño do Ribeiro
HOTEL BALNEARIO LAIAS CALDARIA
San Rosendo rinde homenaje a 30 trabajadores jubilados
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
Lo último
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Juanma y la parábola de San Pedro
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
24 HORAS PARA ALQUILAR
El reto de alquilar un piso en Ourense: “Hay anuncios que no duran ni un día”