EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
TRES DÍAS DE CELEBRACIÓN
O concello de Oímbra prepárase para vivir tres días de celebración coas súas festas patronais na honra a Santa Ana, coñecida na vila como “Santaniña”. O programa festivo, que se desenvolverá entre o 25 e o 27 de xullo, inclúe propostas relixiosas, actividades infantís e unha variada oferta musical.
O inicio dos festexos terá lugar o sábado 25 coa gran festa infantil, a partir das 16,00 horas. Durante a tarde, os máis pequenos da casa gozarán dunha festa da espuma, diversos xogos e obradoiros lúdicos.
O domingo 26 combinará a tradición devota coa música. Ás 8,00 sairá a procesión dende a praza da igrexa ata a capela de Santa Ana para trasladar a imaxe da Virxe. Dúas horas máis tarde oficiaráse a misa con procesión. Xa pola tarde, a música tomará o protagonismo coa sesión de baile a cargo da charanga Los Támega dende as 20,00, con verbena posterior á medianoite amenizada por A Gramola.
As celebracións culminarán o luns 27 coa misa solemne na igrexa do pobo ás 12,00. O broche de ouro porao o grupo JB Son, que amenizará a tarde e a noite para pechar estes días de festa tan sinalados na vila de Oímbra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis