Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
¡Hasta luego Mari Carmen!
DIARIOS DO PASADO
A noticia máis relevante da semana en España foi a visita apostólica do Papa León XIV. Casualmente, entre as efemérides de hoxe, sábado 13, aparece que no ano 313 o emperador Licinio publicou en Nicomedia o Edicto de Milán, recoñecendo a liberdade de culto de todas as relixións no imperio, tamén do cristianismo, vítima de terribles persecucións. Aquí en Occidente o edicto vense atribuíndo a Constantiño I e algúns investigadores, como a falecida catedrática de Historia Tardoantiga A. Cameron, din que as liberdades que puxeron fin ás persecucións xa foran propugnadas polo emperador Galerio no Edicto de Tolerancia de Serdica, do ano 311.
Na actualidade o cistianismo nas súas diversas formas -católico, protestante, ortodoxo, sirio, etc.- é a relixión con máis seguidores do planeta, formando parte xunto co islam e o xudaísmo das relixións denominadas abrahámicas, en referencia a Abraham, patriarca común das tres
Perp todo é esencial para a historia, porque hoxe o cristianismo conta cuns 2.400 millóns de seguidores, dos que 1.400 millóns profesan o catolicismo. Na actualidade o cistianismo nas súas diversas formas -católico, protestante, ortodoxo, sirio, etc.- é a relixión con máis seguidores do planeta, formando parte xunto co islam e o xudaísmo das relixións denominadas abrahámicas, en referencia a Abraham, patriarca común das tres. Non é novo dicir que nace das ensinanzas de Cristo, fundador da crenza. Máis esta preeminencia distou moito de ser así na súa historia. Ben é certo que o proceso de expansión a través do apostolado e de empoderamento foi realmente espectacular. De feito, transcorreron menos de catro séculos, tempo entre que comezan a facerse visibles nas diversas sociedades do imperio romano -mesmo ameazadores e subversivos para os pagás, maioritarios naqueles tempos- ao redor dos finais do s. I e inicios do II, e o recoñecemento legal e fin das persecucións, como vimos nos anos 311 e 313, ata chegar a ser nada menos que a relixión oficial do imperio romano no 380, con Teodosio I, no mesmo edicto que concede a ortodoxia oficial aos bispos de Roma e Alexandría. Un ano máis tarde incáutanse os lugares de cultos aos grupos heréticos e, cos decretos de 391 e 392 prohíbense os cultos pagáns privados.
Estes feitos tiveron, dende o de vista histórico, orgánico e sociocultural -e sen entrar na órbita das crenzas- efectos esenciais para comprender o papel Igrexa máis como institución que como unha comunidade de crentes, é dicir, dende un punto de vista meramente historiográfico. Na etapa tardorromana, cun imperio territorialmente dividido, militarmente ameazado e socialmente en descomposición, parece que os intereses do Estado e da Igrexa conflúen na visión política de Constantiño. Hai autores que ven no apoio do emperador unha estratexia para o control do extenso imperio: o cristianismo representaba unhas cifras respectables, cunhas 1.500 dioceses e uns 6 millóns de seguidores -dun 5% a un 10% da poboación-, o que significaba se non unha importancia numérica absoluta, si territorial. Ademais a Igrexa construíra unha estrutura xerarquizada que posibilitaba e facilitaba, dende a engrenaxe do poder, ese anhelado control, facéndoo máis doado. Aínda máis. A adhesión dos bispos á figura do emperador lexitimaba tamén a figura deste sobre todo, ”quid pro quo”, se favorecía o cristianismo.
De feito, nas derradeiras etapas do imperio detéctase que as funcións dos bispos e dos gobernadores comezan a solaparse nos difíciles momentos das invasións bárbaras, mesmo a substituírse, sendo moitos bispos os que arroupan á poboación nos momentos de incertidume do colapso do imperio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
¡Hasta luego Mari Carmen!
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
13 de xuño, Edicto de Milán: das persecucións ao cristianismo oficial
Itxu Díaz
Crónicas de primavera
“No rompas más”, la indirecta que predijo “El baile del coyote”
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
“Exigimos la cuestión de confianza”
Lo último