Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Café con Amancio Ortega en Zara
Faltan un puñado de días para empezar o aninovo. Xusto o tempo de rebobinar e facer balance desta última tempada de cine. O 2024 empezou ao grande. O thriller melodramático e multipremiado Anatomía de una caída de Justine Triet, a comedia agridoce Los que se quedan de Alexander Payne, a fabula gótica feminista Pobres Criaturas de Yorgos Lanthimos, a epopea sobre a emigración de Yo capitán de Matteo Garrone, así como o conto de supervivencia real de La sociedad de la nieve de Juan Antonio Bayona, estreáronse nas primeiras semanas do ano. Ao igual, sen esquecer unha película que se estreou nestas datas, quizais a mellor de todas: Perfect Days, o regreso á pantalla grande de Wim Wenders. No filme, a cidade de Tokio - onde o cineasta xa gravara no 1985 - volveu a converterse nun verdadeiro “satori” para o cineasta alemán. Perfect Days sen discursos grandilocuentes, esaxeracións e barroquismos, foi capaz de darnos unha gran lección zen, atemporal, sobre o sentido da vida.
Dous estilos contrapostos que, aquí, acababan dialogando, creando unha peza única en canto a sensibilidade, veracidade e imaxinación
No 2024, mesmo regresou ao grande Andrea Arnold. Con Bird, a cineasta británica filmou unha gran alegoría da adolescencia desde un punto de vista feminino. Conseguiu fusionar de forma impecable o realismo máxico co realismo social. Dous estilos contrapostos que, aquí, acababan dialogando, creando unha peza única en canto a sensibilidade, veracidade e imaxinación. Outro coming of age contado a través dunha mirada diferente pero sempre “desde dentro” foi How to Have Sex de Molly Manning, unha opera prima hiperrealista que expresaba con sinceridade o que significa ser adolescentes hoxe en día.
Bikeriders, la ley del asfalto é outra película notable estreada este ano. Nesta viaxe sentida e crítica nos anos sesenta e inspirada no libro de fotoxornalismo de Danny Lyon, Jeff Nichols relata, a metade entre a realidade e a ficción, o ascenso e declino dun dos primeiros club de motociclistas dos EEUU: os Vándalos. Bikeriders esquiva facer un eloxio ao mundo moteiro, é máis ben un flashback nostálxico rodado en 35 mm, que trae consigo unha certa dose de amargura na parte final.
Ambientada na Roma do posguerra, a película conta cunha mirada insolita – dura, sen perder a tenrura - a vida dunha muller vítima de malos tratos por parte do marido
Sobre o traballo do fotógrafo de guerra ía a distopía Civil War de Alex Garland. O director abandonou as profundas especulacións filosóficas que acompañaban os seus anteriores traballos, abrindo unha reflexión máis próxima sobre o papel da imaxe nos medios de comunicación. Garland non quixo contar como se chegou á segunda guerra civil estadounidense, deixando ao espectador a súas propias conclusións, pero, sí, deixou claro que a falta da liberdade de prensa está entre os factores de desequilibrio dunha sociedade democrática.
Siempre nos quedará mañana, a ópera prima de Paola Cortellesi, é outro filme que merece estar presente nesta recompilación dos mellores títulos estreados ao longo do ano. Podería ser considerada un remake pop do neorrealismo ou simplemente unha dramedia cun transfondo histórico. Ambientada na Roma do posguerra, a película conta cunha mirada insolita – dura, sen perder a tenrura - a vida dunha muller vítima de malos tratos por parte do marido.
No cine de xénero, La sustancia foi a mellor película do ano. Parecía unha película capturada por David Lynch durante unha sesión de pesca transcendental, escrita por David Cronenberg, codirixida por Giorgos Lanthimos e Julia Docournau. Na realidade, foi creación exclusiva da guionista e directora francesa Coralie Fargeat. O filme, protagonizado por Demi Moore e Margaret Qualley, foi unha das sorpresas do último Festival de Cannes. É un body horror provocador, formalmente impecable, pero sobre todo unha película denuncia sobre o concepto de “muller ideal”, “perfecta”, que ten caducidade co pasar dos anos. Fargeat recreou un mundo propio coas súas propias regras, os seus códigos, e que nos mergullou por completo. Outra película de xénero cun enfoque feminista foi MaXXXine de Ti West. Con ela o cineasta pechou a triloxía “X” protagonizada por Mia Goth. Ademais de ser unha película narrativamente eficaz, o filme fai unha homenaxe á Los Ángeles da década dos oitenta, que foi tamén a idade dourada do cine de terror.
Os amantes da ciencia ficción quedaron sorprendidos con Alien: Roumulus de Fede Álvarez, precuela de Alien, el octavo pasajero (1979), e que merece ser considerado o verdadeiro quinto capítulo desta saga de terror cósmico. Outra resurrección que atopou os aplausos do público da crítica foi a do bioexorcista interpretado por Michael Keaton. Bitelchús Bitelchús coincidiu co renacemento de Tim Burton, un autor que atopábase dende hai moitos anos estancado nun perigoso limbo creativo. Jurado Nº2, dirixido por Clint Eastwood aos 94 anos, foi outro milagro á dirección.
O 2024 foi tamén o ano dos biopics. Quizais demasiados e ningún verdadeiramente destacable.
Soy Nevenka de Iciar Bollaín, Calladita de Miguel Faus ou Marco de Aitor Arregi e Jon Graño, son os títulos do cine español que queremos lembrar, mentres o cine galego estivo presente un ano máis na carteleira. +Cuñados de Luis Avilés, Honeymoon de Enrique Otero, As Neves de Sonia Méndez, Justicia Artificial de Simón Casal ou La parra de Alberto Gracia, foron algúns dos títulos galegos estreados neste ano.
Na espera dunha nova tempada cinematográfica, despídome cunha copa de champagne na man, e cos meus mellores desexos cinéfilos para o ano que está por vir: Buone visioni!
Los cines bajarán el telón de este 2024 con un éxito de taquilla “Sonic: la película”, la adaptación al cine del popular videojuego protagonizado por el erizo de Sega, y la comedia española “Sin instrucciones”. La película de Paolo Sorrentino “Parthenope”, y la cinta de terror “Nosferatu”, y el drama “Oh, Canadá!” son otras opciones para despedir el año en los cines.
Sonic vuelve a la gran pantalla por Navidad con un reparto cargado de estrellas. Jeff Fowler dirige la secuela del erizo azul protagonizada por Jim Carrey, Ben Schwartz, Keanu Reeves e Idris Elba. La trama de esta nueva entrega de la franquicia incluye intensas batallas y sorpresas, así como una gran dosis de emoción y giros inesperados.
Paco León protagoniza “Sin instrucciones”, la película dirigida por Marina Seresesky, en la que el protagonista es un un tipo soltero y mujeriego que vive al día en una pequeñísima población de playa en una isla canaria. Su placentera existencia se ve trastornada cuando llega de Bilbao una de sus antiguas aventuras, Julia, que deja en sus brazos a una bebé de pocos meses asegurando que es su hija, y desaparece abandonando a los dos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último