Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Volar
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Tiña 26 anos. Era de Guamil, no concello de Baños de Molgas. Era. Porque na tarde do luns 22 de marzo de 1982 -fixo onte 44 anos-, na localidade biscaíña de Sestao, un atentado terrorista no restaurante Rancho Chileno acabou coa vida de tres membros das forzas de seguridade. Entre eles, o inspector de policía Alfonso Maside Bouzo. Un rapaz aínda.
O ataque produciuse nun contexto de forte tensión política e social no País Vasco, onde a actividade de ETA era especialmente intensa. A organización terrorista levaba a cabo atentados de maneira sistemática co obxectivo de desestabilizar o Estado e promover a súa ideoloxía independentista mediante a violencia. O atentado de Sestao foi un exemplo máis desa estratexia de terror que marcou a centos de familias ó longo de décadas.
Os feitos ocorreron arredor das tres e cuarto da tarde, cando o establecemento estaba practicamente cheo de clientes que acudiran a xantar e botar as partidas de cartas. Catro mozos, duns vinte anos, entraron no local armados con varias metralletas e, polo menos, unha pistola. En menos dun minuto lanzaron unha serie de disparos contra unha mesa na que xantaban catro inspectores de policía e a parella dun deles.
A memoria de Alfonso Maside Bouzo permanece viva, especialmente na súa localidade natal, onde é lembrado como símbolo de sacrificio e como unha das vítimas dunha etapa marcada pola violencia terrorista.
O inspector Agustín Martínez Pérez e a súa noiva, Cristina Mónica Illarmendi, morreron no acto. Os outros tres resultaron gravemente feridos. Un deles chegou a repeler a agresión coa súa arma regulamentaria, ferindo nunha perna a un dos atacantes, mais os membros do comando conseguiron fuxir axiña do lugar.
O inspector de Guamil, Alfonso Maside Bouzo, foi trasladado con urxencia ó hospital de Sestao, pero ingresou xa sen vida. Os seus restos foron levados ó aeroporto de Sondika para seren trasladados por vía aérea a Galicia. Segundo fontes da época, unhas tres mil persoas asistiron ó sen enterro en Guamil. A misa foi oficiada polo bispo da diocese de Ourense, monseñor Temiño, e contou coa presenza de autoridades civís e militares, así como de numerosos compañeiros da Policía Nacional e da Garda Civil. Por riba de todo, destacou a presenza masiva dos veciños da aldea e da contorna, que arrouparon á familia nun día de fonda dor.
A memoria de Alfonso Maside Bouzo permanece viva, especialmente na súa localidade natal, onde é lembrado como símbolo de sacrificio e como unha das vítimas dunha etapa marcada pola violencia terrorista. Como veciño, sirva este Recuncho de homenaxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Volar
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Un hecho insólito más
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
44 años despois. Lembranza dun mozo de Guamil
Benito Iglesias
El futuro de Ourense no se promete: ¡se construye!
Lo último
TECNOLOGÍA DE SEGURIDAD
Los mensajes cifrados desaparecerán de la app Instagram el 8 de mayo
PERMANENCIA
El Francelos salva un punto ante el Muíños (1-1)
AUMENTAN LOS ESTUDIANTES EXTRANJEROS
España autorizó 78.146 estancias para estudios universitarios en 2024
"CEGUERA SILENCIOSA"
La detección temprana y las revisiones son claves para frenar el glaucoma