Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Sánchez y Puigdemont: Entre pillos anda el juego
Entre 1989 e 1994 diriximos o programa de investigación “O Concello de Muíños e o seu marco arqueoxeográfico”, nas terras da Baixa Limia. Centrouse sobre todo no estudo dos monumentos megalíticos -aquí denominados mámoas, motas, antas ou arcas- e dos poboados da Idade do Cobre ou calcolíticos. Dende Muíños estendemos o estudo ao resto da comarca, ás zonas limítrofes da Limia Alta e territorios portugueses veciños. A información resultante foi a base da nosa tese de doutoramento “Megalitismo e Calcolítico na Baixa Limia galega” que, dirixida polo doutor e catedrático Antón Rodríguez Casal, defendemos na Universidade de Santiago en 1994.
Xa sabiamos da riqueza en monumentos megalíticos de Muíños polas escavacións de Florentino Cuevillas na década de 1920 no val de Salas. Aínda así, os traballos de prospección arqueolóxica deixáronme unha impresión excelente. Todos os días descubriamos novos megálitos, a inmensa maioría inéditos. Distribuíanse polas cordas montañosas que separan os ríos Salas e Limia. Sen dúbida ás xentes desta zona soaranlles os lugares de Corga de Arcas, Monte de Pazó, Outeiro das Cachofás, A Anta ou A Lampaza. Agrupábanse no Salas nas necrópoles da Veiga de Maus de Salas, Veiga de Requiás e Outeiro de Cavaladre, ou trepaban polos serras limítrofes con Portugal -mámoas de Portela de Pitões ou de Padín-, entre outras que gañaron unha merecida reputación nos estudos sobre o Megalitismo do noroeste, transcendendo o territorio limián.
A medida que as iamos descubrindo as mámoas, situabámolas na cartografía dispoñible, cada vez de maior calidade. Incluímos, ademais, algunhas destruídas polas obras do encoro de Salas e outra estragada anos atrás polo ensanche dun cruce de estradas na feira de Couso. Incluso con novas incorporacións tempo despois, unha vez que se limpou a matogueira ou descendeu o nivel do encoro.
Deste modo, chegamos a catalogar 70 monumentos megalíticos. Un número moi elevado se temos en conta o seguinte: entre 1998 e 2000 volvemos por estas terras, reforzados polo equipo do proxecto “Arqueoloxía e ecoloxía do fenómeno tumular e megalítico no sur de Galicia”, da Universidade de Santiago de Compostela e dirixido por A. Rodríguez Casal. Formamos parte del coa calidade de Investigador, revisando a maioría dos monumentos coñecidos no sur das provincias de Pontevedra e de Ourense.
Coa información resultante máis a obtida en terras de Portugal, María Goreti Ferreira de Sousa - da universidade Escola Superior Gallaecia- defendeu na de Santiago de Compostela a tese de doutoramento “O Fenómeno tumular e megalítico na região galaico-portuguesa do Minho”, en 2012, tamén dirixida por Antón R. Casal. Os 31 concellos de Galicia e do norte de Portugal -incluído Muíños-, sumaban na dita tese 476 mámoas, cunha media de 16 megálitos por concello.
Pois ben, as 70 de Muíños, coa escasa superficie de 110 km2,, son a achega máis numerosa para a investigación, representando nada menos que o 15% das estudadas no basto territorio tratado por María Goreti e que se estende dende Viana do Castelo ata Vigo, e dende Ponte da Barca ata Celanova, pasando por Lobios, Muíños, Bande e Verea.
Remato advertindo que “70 mámoas” non é un número exacto. Tampouco concluínte. Como noutros lugares quizais aparezan máis no futuro. Outras xa non existen. Pero é simbólico e representativo da gran riqueza megalítica que atesouran as terras de Muíños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Sánchez y Puigdemont: Entre pillos anda el juego
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Los gallus domesticus
TAL DÍA COMO HOY
Estado de alarma
Fermín Bocos
El vídeo del rey emérito
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 4 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 4 de diciembre, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Jueves, 4 de diciembre
PROTOCOLOS SANITARIOS
Veterinarios y comerciantes de Ourense son optimistas con la peste porcina