Jacinto Seara
Traumatología, Planta 3 norte
A pesar de que unhas finas gallas de amieiro lle impiden contemplar ben o panorama, Laertes Pedroso Levante intenta sacarlle unha foto á Ponte das Cabras, tamén chamada a Ponte do Medo. Porque aí, precisamente aí, para os de Baños de Molgas é onde empeza o Medo, o monte Medo. Xa sei que para os que non son da contorna, o Medo relaciónano co lugar de situación do santuario dos Milagres. Pero para Laertes e para todos os veciños de Baños de Molgas, o nome de Medo asimílase máis a monte. Porque, para el, de rapaz, dicir Medo era dicir “ir ó monte coas vacas”. Laertes Pedroso Levante, o fillo da Calista, tirouse a infancia e boa parte da xuventude levando tres vacas e un burro para o Medo, xeralmente para a parte de Sudalomba e Detrás da Lomba. O fillo da Calista (así era como o coñecía todo o mundo, poucos sabían o seu nome real) observa a Ponte das Cabras e lémbrase de como era antes da reforma, principalmente daquela varanda de ferro medio deteriorada que, cada vez que a vía, sempre pensaba nun golpe dalgún coche e da sorte que tería este de non caer ó río Arnoia. Agora, o fillo da Calista, coloca o móbil diante dos ollos e zumba e dálle en calquera postura e en calquera posición para que a Ponte das Cabras quede ben retratada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESTUDIO DE LA OMS
Un mayor control del alcohol podría evitar diez mil muertes
MEDIDAS ANTICRISIS
Las ayudas para fertilizantes se pagarán desde septiembre
La Región
Ceuta: Cárcel En una tierra africana
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto