Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
Probablemente non lles soe o nome deste xeógrafo francés falecido en 1997, pero a súa obra La Galice. Essai géographique d´analyse et d´interpretation d´un vieux complexe agraire (1979), tese presentada na Universidade de Poitiers en 1977, segue a ser referencia fundamental para todo aquel que queira comprender as orixes e evolución do sistema agrario tradicional galego, especialmente no que se refire ó modo de poboamento e ós aproveitamentos do solo. Ata tal punto resulta fundamental esta obra que non creo esaxerar se digo que a maior parte da investigación xeohistórica que se fixo en Galicia nos últimos trinta anos non é máis cá continuación do traballo de Bouhier. Ninguén pretenda entón saber de xeografía rural de Galicia sen estudar a Bouhier; como tampouco da xeohistoria das viñas e dos viños galegos sen coñecer a Huetz de Lemps, outro francés que, non por casualidade, fora membro do tribunal avaliador da tese de Bouhier. Os dous aplicaron aquí de forma pioneira os métodos de Marc Bloch, pai da historia rural francesa.
Bouhier dedicou quince anos da súa vida, de 1960 a 1975, a coñecer e a estudar a Galicia rural en profundidade, sobre o campo e nos documentos, e dous máis á redacción da obra. Nela clasifica e relaciona as formas de explotación da terra e as características das parcelas coa estrutura dos núcleos de poboamento. Pero talvez unha das partes máis orixinais do traballo sexa aquela que lle dedica ó monte, ó que consideraba “soporte tradicional” de todo o sistema agrario galego.
O monte, particular ou comunal, era parte fundamental do sistema a través dos seus usos: as estivadas nos comunais, con queimas parciais que logo se sementaban de trigo ou centeo; as rozas, para estrumar ou para facer esterco; o pastoreo libre do gando nos ceibos; o aproveitamento da madeira, etc. Pero a intervención da Administración, especialmente na xestión dos comunais, dos que non se recoñeceu a propiedade veciñal ata despois da Lei do 68, coa repoboación masiva de coníferas, dificultou primeiro e acabou despois prohibindo as prácticas tradicionais, conducindo ó que Bouhier chamou a “esclerose do monte”. Aí xurde o problema dos incendios.
A tese de Bouhier publicouse xusto cando se producía o colapso do sistema agrario tradicional. Pero Bouhier nunca deixou Galicia. Observou e estudou as transformacións radicais dos anos oitenta e os efectos da incorporación a Europa. E non lle gustaba o que vía: consideraba os cambios desafortunados, e que o único que se fixera fora favorecer a unha minoría de campesiños acomodados –ás veces nin sequera campesiños-, mentres se deixaba á súa sorte a todos os demais. Un abandono puro e simple do campo era o que se temía. Nun traballo póstumo de 1998 queixábase da lentitude da concentración parcelaria e aventuraba que na maior parte da provincia de Ourense a profesión de agricultor case podería desaparecer nun futuro próximo. Palabras proféticas.
Hoxe, abandonadas as terras de labranza que separaban e protexían ás aldeas do monte, andan os nosos políticos esixindo a limpeza desas parcelas. Pero esquécense de dúas cousas: primeira, que un ben non pode gravarse por encima do seu valor sen caer no expolio; e segunda, que foron eles os verdadeiros causantes da desfeita. Porque: a quen beneficiaron cos miles de millóns que chegaron –e chegan- de Europa para soster e modernizar a nosa agricultura?... Ós campesiños desde logo que non.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Un mal trago para Sánchez
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
La esperanza de un futuro digno para el Hotel Miño
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Lo último
SOCIEDAD FILATÉLICA MIÑO
Ourense recorre la Semana Santa a través de sellos
"INFLUIR" EN LOS RESULTADOS
El PP denunciará a Tezanos por “inflar” datos del PSOE
CONSERVACIÓN DO PAZO
Rueda avanza que a Xunta de Galicia quere a xestión de Meirás
REFORMA DEL CÓDIGO PENAL
Andorra considera como prostitución pedir y pagar contenido sexual online