Luis del Val
“Soy eurodiputada”
Non son un especialista en nada, pero podo pensar en todo, e facelo en voz alta. Ademais, os especialistas, en fin, son xente e poden pensar de variadas formas. Con informes fixéronse tres aeroportos en Galicia e dous portos como o exterior da Coruña e o de Ferrol. Todo pode ser avalado por informes contrarios. Depende de quen o pague.
Pois voume poñer especialmente burro. O traxecto é de 54 quilómetros desde pouco despois do Carballiño á vía que baixa de Santiago pola costa; leva máis de 40 quilómetros en túneles e cinco en pontes: ou sexa, o gasto na construción, disparatado. É lexítimo que os construtores promovan a obra máis cara posible -como os vendedores de coches os de gama máis alta- pois o beneficio vai en relación ao gasto efectuado e non ás necesidades ou posibilidades do cliente. Pero é lóxico que os poderes públicos actúen no beneficio común. Fálase no artigo de La Región do outro día de máis de 2.500 millóns de euros para eses 54 quilómetros. (O túnel de Pajares, 24,6 km, empezado en 2005 con 1.800 millóns de presuposto, vai por 3.500 millóns e aínda non abriu.) En fin, neses “nosos” 2.500 millóns, seguro, hai cacho para moitos. Unha parte para informes baixo a premisa de “quen paga, manda”. Outros, para a redacción dos proxectos. Outros, para facer a obra. E supoño que algunha partidiña haberá, algo opaca, para “promover a comunicación social favorable á construción” ou algo así. E por mísera que sexa, digamos que o 0,5 por cen do monto para promocionar o negocio, pois xa temos uns 12,5 millóns para “animar” vontades. Non me refiro a nada concreto, claro, pero é curioso que ninguén fale de cousas importantes e perdamos o tempo con tanto traparratrá de desgrazas espantosas e piolladas ridículas que choutan das televisións de neon ás conversas de terraza. En fin. Os partidos políticos e medios de comunicación aplauden como se fose ideal o máximo gasto. E grazas que nos deixen a un par de colaboradores levar a contra. Pénseno ben: 40 quilómetros de túneles para ir a Vigo! E onde meten a terra? E o impacto ambiental? E os ecoloxistas? Tamén comen? Aí lles vai un pequeno informe técnico, gratis: furarían varias veces en zonas moi inestables nas transicións entre granitos e esquistos e toparían ríos de agua, como pasou na Cañiza ou en Pajares. E se queren saber máis, pregúntenlle a Florentino Pérez, que cando conducía de noite e quería perder o sono, pensaba na Cañiza. E só 2,3 km. Imaxinen 40.
Ademais, a aposta estratéxica de Portugal pola conexión con Galicia debería corresponderse facilitándolles a conexión cun nodo en Guillarei, onde se separarían os vagóns procedentes do sur que seguirían polo eixo atlántico -Vigo, Pontevedra, Santiago e Coruña-, e os que irán cara ao interior, por Ourense a Madrid. Igual nós. Se xa podemos ir directamente a Santiago, tamén a Vigo e Porto. En fin, unha vez dixéralles de miraren o mapa. Hoxe, recoméndolles que fixen a vista na carteira: no porquiño dos cartos públicos, pouco máis hai que aire e cadelas. E sospeito que coa cuarta parte do que custaría facer eses 40 km de túnel, teriamos a vía de sobra modernizada nos nosos 69 km a Guillarei para ir a 180 de media -xa ven, non quero 300-, co que levaría 23 minutos. E despois, como moito, outra vez a oito ou dez a Vigo. Ademais, insisto, de Guillarei a Vigo xa se vai facer igual esa vía de interese europeo e cun túnel de 10 km, por certo, por baixo de Mos. En fin, xoguemos ao arrimado. Quero ir a Vigo e Porto por Guillarei, gozando da beira do Miño, e non ás escuras, polos intestinos do Paraño. Heime fartar de estar baixo terra... pero présa non hai.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis del Val
“Soy eurodiputada”
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Maricarmen
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Ana de Bande a todo gas
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Condenados a entenderse
Lo último
O PROBLEMA DA AUGA
Declarada a seca prolongada no Ulla-Tambre e na Costa Norte
JUNTS Y GOBIERNO NEGOCIAN
Maricarmen aviva la carrera para un decreto de vivienda