Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
Coma todolos anos, nas vésperas do Día das Letras Galegas aparece o tema recurrente da mala saúde, cada vez pior, da nosa lingua; da perda de falantes, sobor de todo entre a xente nova, e da urxencia de tomar medidas pra voltear a situación. Unha delas, a que propón o presidente da RAG, como fórmula maxistral, é un troco de goberno. É mesmo pra ficar cos óllos a cadros. ¿E non sería máis doado un troco de presidente?
En tempos tiñamos un presidente asturiano. Agora temos un direutor de filoloxía galega e latina, alemán, que, aparte disto, seica leva once anos vivindo en Galicia. Mais, digo eu: Si o presidente que temos é nado en Galicia, onde viviu sempre, e non é quen de atallar o problema, ¿vaino arranxar outro con tan cativa andaina?
Os coñecementos filolóxicos e gramaticales poideron ser esenciales nun debate previo á Normativización e, si esta se fixese bén, pra tutelar o desenrolo armónico da lingua. O problema é que se trabucou a filosofía do tema e agora emprégase pra inventar o idioma e impoñelo, sin respeto ningún polas xentes que sempre o falaron e o conservaron. Eiquí, xustamente, é onde nace o desencontro da xente do común cos gurús da lingoa que nom queren decatarse de que, si a "parcelación" do Latín foi a morte diste, non outra vai a ser a sorte do galego. Haberá que dicir, por enésima vez, que cando as mulleres galegas deixaron de falarlle en galego ós fillos e netos, firmaron a sentenza de morte da súa lingua. Xa denantes nos ensinaron a rezar en castelán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados