Agustín

Publicado: 09 may 2026 - 02:40
Agustín.
Agustín. | José Paz

Agustín é un amigo singular, fai mais de sesenta anos que nos coñecemos. El era un mozo boi scout do mesmo grupo que Manuel, o meu irmán maior, mentres eu era un púbere de Acción Católica. Ámbolos grupos compartíamos local no Palacio Episcopal. As razóns de inscribirse nesas asociacións eran para evitar a afiliación nas xuventudes da Falange (OJE).

Pouco tempo despois, Agustín entrou a traballar na entidade financeira Banco de Coruña, sucursal situada na rúa do Paseo de Ourense. Afeccionado ao cine e antifranquista comprometido cos movementos sociais, foi membro fundador do grupo Rumbo, reconvertido posteriormente na Asociación Cultural Breogán. Nese proceso fixémonos amigos. Asiduo da libraría Gráficas Tanco e, como todos os sospeitosos de comunistas, visitante do “inferno”. Alí traballaba o poeta Antón Tovar Bovillo custodiando os libros “prohibidos”. Ao mesmo tempo, levaba a contabilidade da librería, propiedade do seu camarada e amigo Carlos Vázquez. Algúns dos asiduos clientes da librería formaban parte da célula dos “intelectuais”, destacando o doutor Peña Rey Bouzas, responsable do PCG en Ourense; Carlos Vázquez, Antón Tovar, Santiago Lamas, Antonio Estévez, Alberto Ferrer, Agustín Perianes, Augusto Valencia, Xavier Martínez Randulfe, Xaime Quessada, Vicente Villar… ademais, sen seren militantes do Partido, visitaban regularmente a librería Carlos Casares e Xosé Luís López Cid.

A finais do ano 1969, chegou a Ourense un estraño persoeiro. Vestía como un mendigo, falaba como un cura, tiña a fame dun sancristán e a mirada hipnotizadora dun bispo… Viña fuxido de Vigo, onde a policía político-social o perseguía por consideralo como un perigoso axitador. Carlos Casares, Camilo de Dios e Antonio Rodríguez escondérono en Xinzo uns días. Ante a posibilidade de ser descuberto, a organización mandouno a Ourense. E foi Agustin quen lle ofreceu a súa vivenda para que puidera desenvolver o seu cometido sen perigo inminente. Lembro o valor que demostrou, enfrontouse a dous axentes da policía político-social, recriminándolle o uso da tortura en comisaría a Carlos Barros; costoulle o ingreso en prisión.

En decembro do ano 69, Agustín presentolle a tres activos mestres: Camilo Ocampo, Francisco López Cambeses e Gonzalo Iglesias Sueiro… Carlos Barros Guimeráns, curtido en cen batallas, usou a súa imaxe de revolucionario para captar a novos militantes que participaran na loita contra a ditadura que empezaba a agonizar… Pero iso é outra historia

A riqueza substitúe a Yahvé polo Becerro de Ouro saturado de veleno mortal. Sen dubida, o Ben e o Mal son inseparables; como son cóncavo e o convexo nunha culler.

Sábado 2 de maio de 2026, o móbil sona insistentemente. Son as doce da maña e é a quinta chamada en menos dunha hora. Tardo en coller o instrumento que me comunica co resto do mundo; estou preparando o mecanismo que restaura os niveis de dopamina no meu sistema límbico. Unha vez rematado o rito sanador, busco as chamadas perdidas. É Agustín:

-Perdoa que te chame, pero o artigo de hoxe non hai quen o entenda, quixera que o desencriptases ou me deras a clave .

Agustin tiña razón; levaba máis de dez chamadas expresando o mesmo. Invitei a Agustín ao serán do domingo.

Falamos do cambio climático e das flutuacións extremas que alteran os mecanismos de supervivencia. Das fugas de luz e da escuridade, fenómeno coñecido como interferencia viral, no que un virus impide o reduce a replicación de outro no mesmo hóspede (o fotoperiodo pode causar hermafroditismo). Da ignorancia dalgúns políticos con responsabilidades de gran transcendencia, como Robert Kennedy, o rei das antivacinas envasadas en recipientes de valor incalculable (Jadeita). Coincidimos en refrexar o ambiente decadente e suicida do amo e das forzas que o apoian –incluso no uso terapéutico da lixivia-.

Coincidimos sobre o papel da banca ¿sionista? e a financiación das guerras de Netanyahu e Trump . A riqueza substitúe a Yahvé polo Becerro de Ouro saturado de veleno mortal. Sen dubida, o Ben e o Mal son inseparables; como son cóncavo e o convexo nunha culler.

Da vellez vinculada a decadencia e o rexeitamento dos olores dos apestados. Da fraxilidade do planeta Terra (antrópico débil) é o uso da IA como perigosa arma en maos dun psicópata ou de científicos sen escrúpulos.

Para poder concluír: mesturan o comportamento dun coñecido provocador, compañeiro ideolóxico do greñoso peiteado ao estilo fernandino.

Rematada a exposición, Agustín díxome con firmeza: “Lembra que non es un indio navajo”.

Contenido patrocinado

stats