Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Una mina
O AFIADOR
Lugo terá lista e operativa en breves datas a sua estación do AVE. Gozosa nova que anunciaba onte mesmo Paco Gil, o mellor informado sobre cousas do tren no noroeste peninsular. Gozosa, dicía, se non fose polo pequeno detalle de que chega moi, moi, moi tarde e, para máis inri, aparte das comodidades que preste aos usuarios, non servirá para o que foi feita: albergar trens AVE, que non se sabe cando o farán. Comparte con Ourense a aldraxe á que as administracións -sobre todo a central porque é a que ten máis competencias na materia- someten as infraestruturas vitais para provincias irmás, que tantas cousas comparten ademáis da vecindade.
Con elo, búscase remexer na cousa, que parezca que se fai, buscando a parte máis sinxela e así chegamos a que Lugo terá estación de AVE sen el; Ourense ten AVE, pero non ten estación, nin se sabe cando a terá.
A historia da modernización das comunicacións por estrada e ferrocarril arrancou tarde, mal e sen explicar nunca as razóns para que elo fose así. Cando empezaron os proxectos para Galicia, xa estaban funcionando, ou en construción, dende Madrid cara o sur e o leste da península. Despois, cada ministro que chegou foi botando man das razóns que mellor lle pareceron para adiar os proxectos meténdoos nun caixón. Como os papeis non protestan, as autoridades afectadas, pouco, e os cidadáns prácticamente nada, pois van pasando os anos, ata que vén alguén e rescata a vella idea, pero adaptándoa ao que chaman a “realidade actual”, que é sinónimo de meterlle a tesoira para abaratar custes. Con elo, búscase remexer na cousa, que parezca que se fai, buscando a parte máis sinxela e así chegamos a que Lugo terá estación de AVE sen el; Ourense ten AVE, pero non ten estación, nin se sabe cando a terá. E as duas cidades e provincias carecen de comunicación alternativas entre sí por estrada, nin tampouco se sabe cando as haberá.
A daquela ministra de Fomento, Ana Pastor, deberá cargar baldón da paralización de obras e a esnaquización do proxecto, que nunca sería recuperado por quenes a sucederon ata hoxe, tamén responsables no que lles toca, sobre todo porque aquela decisión deu lugar a afrontas insalvables para a historia, vernizadas co argumento de que -no caso de Ourense- ben nos valía un edificio moito máis humilde que fose funcional. Como se o proxecto de Foster -no que colaboraba o estudo do ourensán Juan Carlos Cabanelas- non poidese ser funcional cando, ademáis, eliminaba a fenda que históricamente supuxeron as vías entre A Ponte e O Vinteún, cunhas posibilidades de desenvolvemento cuasi infinitas para o entorno. Custaba arredor de 60 ou 70 millóns de euros; o de Thom Mayne en Vigo, custou tres veces máis e a propia Pastor non se atreveu a tocalo, como tampouco se tocou o de César Portela en A Coruña, cun custe de 130 millóns. Por que?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último