Alfa e Omega. No confín da felicidade

Publicado: 22 ago 2026 - 01:10
La Región

Día 15 de agosto de 2026. Tel Aviv capital de Israel.

Itamar Ben Gvir, ministro israelí de Seguridade Nacional: un ser humano ou “o dragón, a serpe que é o demo que o Verbo de Deus atou por mil anos e foi arroxado o abismo… despois será desatado”. (Apocalipses 20).

Ningún representante dos infernos fixo unha proposta de tanta maldade: matar entre 30 e 40 gazetíes cada noite. Tal proposta deixa aos responsables do Holocausto -O III Reich e o partido nazi- como inocentes afeccionados defensores ao xogo da caza de pezas humanas (Manhunt).

Mes de Febreiro de 2026. Nun IES de Santiago de Compostela.

Quen foi Franco? -preguntaba ansiosamente Xosé, estudante de Bacharelato e líder dos alumnos da súa idade. Heroe ou criminal? A resposta foi un ruidoso silencio. Xosé , impávido, continuou falando. -O meu pai afirma que nunca se viviu en España tan ben como nos anos da ditadura…

O profesor de Historia palideceu e, fundido na incapacidade de enfrontarse a terrible realidade, deu un berro que se escoitou na rúa diante do I.E.S, onde dous peóns discutían acaloradamente sobre o partido do domingo, entre ó Oviedo e o Celta. Entre os berros dos seareiros escoitouse o bramido dunha muller: “¡Con Franco isto non pasaba!”. -O acontecemento foi de tal envergadura que se incluíu como tema urxente en tódolos actos que se celebraron nas seguintes 48 horas.

Cal é razón de tratar a cultura neolítica e non introducir no currículo os séculos XX e XXI?

Roma 1900. Jorge Santayana, filósofo español autodefinido como ateo católico.

Narrador: un país que perde a memoria é un pais sen presente e co futuro hipotecado por un pasado inexistente . Jorge Santayana: “Aqueles que non poden recordar o pasado están condenados a repetilo”.

Galiza, século XXI.

Festas gastronómicas, ágapes masificados, orxías no servicio dun tren sen revisor, onde as masas iluminadas por paixóns incontrolables, intentan xantar polbo, identificadas cos defensores da patria ao servizo das elites e baixo a protección do poder dos aliados colonialistas.

No orbe, ano 2050.

Unha xuventude abúlica sen horizonte, sen espírito critico, coa creatividade secuestrada, con neuronas controladas pola intelixencia artificial.

O profesor, como bo profesional, reflexionou sobre o seu papel no proceso educativo. Acaso non era un involuntario colaborador da alienación e ignorancia dos seus discípulos ?

Cal é razón de tratar a cultura neolítica e non introducir no currículo os séculos XX e XXI? Terribles acontecementos prodúcense sen que isto sensibilice a opinión pública.

Reflexionou durante unha semana e despois tomou a decisións de propor na aula que cada un dos alumnos elixira unha persoa que transmitise os valores máis importantes para impulsar a boa convivencia: Ética-Amor-Alegría.

Alfa é posible.

Contenido patrocinado

stats